Compartimos las recetas

Pastel de berenxena
Pastel de berenxena
Pastel de berenxena
por: Ana López

Pastel de berenxena

por: Ana López
É especial para min e non quero que se perda porque é unha receita que preparei e adaptei durante o confinamento para un concurso de tapas sas e, grazas a ela, gañei o concurso.


*Receita orixinal en castelán
Pastel de berenxena
Pastel de berenxena
Categoría Entrantes e aperitivos
Comensais 4
Tempo de elaboración 20 minutes
Tempo de cocción 20 minutes
Pastel de berenxena

Ingredientes:

  • 4 Berenxenas
  • 4 Tomates
  • 1 Cebola
  • 250 Queixo mascarpone
  • 2 Ovos
  • 10 Lacón braseado
  • 1/2 Vaso Leite
  • AOVE
  • Pementa e sal
  • Mozzarella relada
Pastel de berenxena
Pastel de berenxena

Preparación:

  • Cortar as berenxenas en rodas e cociñalas durante 10 minutos no microondas.
  • Picar a cebola e refogala cun pouquiño de aceite.
  • Triturar o tomate e engadirllo á cebola. Salpementar ao gusto.
  • Dourar as rodas de berenxena na tixola.
  • Nun bol, mesturar os ovos, o marcaspone e mais o leite ata que quede unha crema.
  • Para montar o pastel, poremos nun recipiente apto para forno, unha capa de berenxena, unha capa de tomate, unha de queixo e unha de lacón e así sucesivamente. Podemos ter tantas capas como queiramos.
  • Unha vez montado o pastel, cubrimos con queixo mozzarella.
  • Introducir no forno, previamente prequentado, a 200 graos ata que o queixo se doure. Aproximadamente, 10 minutos.