Ñoquis con prebe Alfredo
por: Jesus López
Ñoquis con prebe Alfredo
por: Jesus López
Esta receita tipicamente italiana, descubrina durante a miña etapa de Erasmus en Padua e facíanola a directora da residencia universitaria na que nos hospedabamos.
*Receita orixinal en castelán
*Receita orixinal en castelán

Categoría Pastas e arroces
Comensais 3 personas
Tempo de elaboración 45 minutes minutes
Tempo de cocción 15 minutes minutes
Ingredientes:
- 500 g de ñoquis frescos
- 100 g de nata para cociñar
- 100 g de leite enteiro
- 100 g de queixo Gorgonzola
- 100 g de queixo Grana Padano
- 100 g de queixo Parmesano
- 50 g de chícharos
- 1 Ovo cocido
Preparación:
- Nunha pota, lévase a nata a ebulición. Unha vez que espese, engándese a partes iguais, respecto da nata, o parmesano, o gorgonzola, e o grana padano. A miúdo, engádese a mesma cantidade de leite enteiro, déixase que todo se funda e resérvase.
- Noutra pota, con auga fervendo, cocemos os chícharos durante 5 minutos se son tenros. Aos 5 minutos, engadimos os ñoquis. Unha vez que os ñoquis suban á superficie, deixamos que cozan durante dous minutos.
- Aos dous minutos, escorrer e engadir o prebe remexendo todo para que se integre ben.
- Por último, engade o ovo cocido relado por enriba da mestura.
