Leite frito
por: Belén Viñas Lamas
Leite frito
por: Belén Viñas Lamas
É a miña sobremesa preferida desde nena. A miña avoa ensinoume a receita e, ata a data, non atopei en ningún sitio a receita feita con fariña (non con maicena) e que teña unha textura tan boa coma esta.
*Receita orixinal en castelán
*Receita orixinal en castelán

Categoría Sobremesas e doces
Comensais 6
Tempo de elaboración 30 minutes minutes
Tempo de cocción 20 minutes minutes
Ingredientes:
- 100 g azucre
- 50 g manteiga
- 50 g fariña
- 500 ml leite enteiro
- 4 xemas de ovo
- 1 Ovo enteiro
- Aceite
- Azucre en po
- Canela
Preparación:
- Nun cazo, mesturar os ovos e mais o azucre, bater ben e engadir o leite.
- Noutro cazo, derreter a manteiga e engadir a fariña. Remexer ben e incorporar o leite con xemas.
- Deixar ferver remexendo continuamente e a lume medio.
- Verter nunha fonte plana e deixar arrefriar.
- Despois, cortar a crema en cadradiños e pasalos por fariña e ovo batido e fritir.
- Esparexer canela e azucre en po.
- Servir.
