Compartimos las recetas

Fosforeira
Fosforeira
Fosforeira
por: Adriana Gomes Rodrigues

Fosforeira

por: Adriana Gomes Rodrigues
É unha receita familiar que sempre facemos no Nadal para reunir a familia. Xa é tradición xuntármonos todos e, ao outro día, co que sobra, facer un arroz de marisco aproveitando o caldo restante. Gústanos reunirnos e celebrar con receitas especiais.


*Receita orixinal en castelán
Fosforeira
Fosforeira
Categoría Caldos e sopas
Comensais 8 personas
Tempo de elaboración 1 hour 40 minutes
Tempo de cocción 1 hour 30 minutes
Fosforeira

Ingredientes:

  • 1 chorro de aceite de oliva
  • 1 Polbo
  • 1 litro caldo de camarón
  • 1 litro caldo de peixe
  • 500 ml de caldo de polbo
  • 1 cunca de rustrido
  • 1 cunca de camarón
  • 1 cunca de polbo
  • 1 cunca de peixe
  • 10 uds de mexillóns
  • 1 cunca de lura
  • Sal e pementa ao gusto
Fosforeira
Fosforeira

Preparación:

  • Poñer nunha pota de cerámica un chorriño de aceite e meter o polbo a cocer. Deixar 10 minutos, levantar a tapa e remexer. Deixar cociñar polo menos 30 minutos máis e reservar a auga que soltase o polbo.
  • Para o rustrido, usamos cebola e pementos: rustrímolos e reservamos.
  • Facemos o caldo de peixe co peixe da túa preferencia. Engadimos restos de cebola, cenoria e pementos, ao gusto, para preparar o caldo. Reservámolo.
  • Noutra pota, facemos un caldo de camaróns coas cabezas e reservamos o caldo.
  • Cando teñas os tres caldos, xúntaos nunha pota. Bota os camaróns a cocer e déixaos cociñar polo menos 5 minutos antes de engadir os mexillóns. Cando estean cocidos, incorpora o polbo reservado e os camaróns. E listo! xa podes servir!