Compartimos las recetas

Delicia de filloa gourmet cítrica á laranxa
Delicia de filloa gourmet cítrica á laranxa
Delicia de filloa gourmet cítrica á laranxa
por: Natalia Pérez

Delicia de filloa gourmet cítrica á laranxa

por: Natalia Pérez
É especial porque é a receita que me ensinou a miña avoa das filloas, e sempre a recordarei. Unha parte é dela e a outra é miña, achegando a miña creatividade e dándolle o toque gourmet.


*Receita orixinal en castelán
Delicia de filloa gourmet cítrica á laranxa
Delicia de filloa gourmet cítrica á laranxa
Categoría Sobremesas e doces
Comensais 10 personas
Tempo de elaboración 1 hour
Tempo de cocción 30 minutes
Delicia de filloa gourmet cítrica á laranxa

Ingredientes:

Para a masa das filloas gourmet:

  • 2 Ovos
  • 2 cdas de azucre
  • 1 chisco de sal
  • 1 vaso de fariña
  • 1 rela de limón
  • 2 cdas de anís
  • 1 vado de leite
  • 1/2 cartón de nata para montar
  • 1 cda manteiga

Para a crema de laranxa

  • 120 g de queixo crema
  • 125 g de iogur grego lima/limón
  • 1 Rela de laranxa
  • 3 Laranxas de zume
  • 1 Cartón Nata para montar
  • 2 cdas de azucre glass
  • Esrabilizante para nata. Opcional

Para a cazola de laranxa

  • 1/2 Laranxa
  • Recheo de crema de laranxa
  • Zume de laranxa
  • Azucre
  • Licor
Delicia de filloa gourmet cítrica á laranxa
Delicia de filloa gourmet cítrica á laranxa

Preparación:

Para a masa:

  • Bater dous ovos e o azucre coa fariña.
  • Botar o leite, pouco a pouco.
  • Logo, a nata mesturada previamente cun pouco de manteiga.
  • A rela de limón e anís.
  • As filloas fágoas nunha tixola de ferro, así desfrútoas con auténtico sabor.

Para a crema de laranxa:

  • Espremer tres laranxas.
  • Nun cazo, quentar o zume para reducir.
  • Mentres arrefría, bater con varas o queixo crema.
  • Engade o iogur grego e unha cullerada de anís e mais a rela de cítricos.
  • Monta a nata con estabilizante (opcional) e azucre glass.
  • Unha vez que estea frío o zume de laranxa, mestura a crema pouco a pouco.
  • Engade ao final a nata pouco a poico cunha culler sen varas con movementos envolventes.
  • Enches a laranxa baleira coa crema.
  • Termínala con rela de laranxa e merelas no conxelador nunha friameira.

Para o caramelo:

  • Nunha tixola, engade o azucre, o zume de laranxa e, unha vez reducido, flamea con licor.
  • As filloas pódelas presentar así como están na foto ou enteiras, en roliño. Iso ao teu gusto.