Compartimos las recetas

Coffee cake
Coffee cake
Coffee cake
por: Teresa Pérez Rodríguez

Coffee cake

por: Teresa Pérez Rodríguez
É un momento de pausa, de compartir e de desfrutar sen présas ao redor da mesa. É especial porque me lembra que non debemos perder esas pequenas tradicións: reunírmonos en familia, acompañar o café con algo caseiro e converter o sinxelo en algo realmente importante.


*Receita orixinal en castelán
Coffee cake
Coffee cake
Categoría Sobremesas e doces
Comensais 8 personas
Tempo de elaboración 1 minute
Tempo de cocción 45 minutes
Coffee cake

Ingredientes:

Biscoito:

  • 220 g de fariña
  • 1 ½ cdña de lévedo fresco
  • ¼ cdña de bicabornato
  • ½ cdña de sal
  • 60 g de manteiga
  • 60 ml de aceite
  • 140 g de azucre
  • 1 sobre de azucre vainillado
  • Substituto vegano de 2 ovos
  • ¼ cdña de noz moscada
  • 115 ml de leite

Capa de canela:

  • 200 g de azucre moreno
  • 1 cullerada de canela
  • 65 g de fariña
  • 60 g de manteiga
Coffee cake
Coffee cake

Preparación:

  • Prequenta o forno a 175 ºC e engraxa un molde.
  • Mestura a fariña, o lévedo, o bicarbonato, o sal e a noz moscada.
  • Bate a manteiga, o aceite, o azucre e o azucre vainillado. Engade o substituto vegano de dous ovos.
  • Incorpora, alternando, os ingredientes secos e o leite.
  • Mestura os ingredientes da capa de canela ata obter unha textura areosa.
  • Bota unhas tres cuartas da masa no molde e reparte enriba toda a mestura de canela. Cubre co resto da masa, deixándoa caer a culleradas para que non tape completamente a capa de canela e queden algunhas zonas visibles.
  • Meter no forno 35-40 minutos.
  • Deixar arrefriar, desmolda e termina cunha chuvia de azucre en po.