Codornices estufadas
por: Diana Herguedas Merino
Codornices estufadas
por: Diana Herguedas Merino
Facíaas a miña avoa e mais a miña nai e encántanlles a todas as xeracións, tamén á dos meus fillos. Ten moito sabor e o mellor é mollar o pan no prebe. É un prato no que tes que manchar as mans, pero está delicioso.
*Receita orixinal en castelán
*Receita orixinal en castelán

Categoría Carnes
Comensais 4 personas
Tempo de elaboración 1 hour hour 30 minutes minutes
Tempo de cocción 1 hour hour 30 minutes minutes
Ingredientes:
- 4 Codornices
- Cebola
- Pemento vermello
- Cenoria
- Aceite de oliva
- Sal
- Caldo de polo
- Concentrado de tomate
- Viño branco
Preparación:
- Limpar as codornices e partilas en cuartos.
- Marcalas en aceite quente con sal e pementa ao gusto e reservar.
- Refogar a cebola e a verdura cortada en xuliana.
- Engadir o concentrado de tomate e mais o viño branco e refogar un pouco.
- Engadir as codornices marcadas e o caldo de polo e cocer a lume lento durante unha hora.
