Compartimos las recetas

Bacallau en prebe cremoso de allo e viño branco
Bacallau en prebe cremoso de allo e viño branco
Bacallau en prebe cremoso de allo e viño branco
por: Yolanda Carballo Valiñas

Bacallau en prebe cremoso de allo e viño branco

por: Yolanda Carballo Valiñas
É especial porque herdei a receita da miña nai e está para chupar os dedos. É o recordo de toda a miña familia sentada á mesa desfrutando deste delicioso manxar; todos xuntos.


*Receita orixinal en castelán
Bacallau en prebe cremoso de allo e viño branco
Bacallau en prebe cremoso de allo e viño branco
Categoría Peixes e mariscos
Comensais 4 personas
Tempo de elaboración 30 minutes
Tempo de cocción 28 minutes
Bacallau en prebe cremoso de allo e viño branco

Ingredientes:

  • 4 Lombos de bacallau desalgado 150-200 g
  • 4 dentes allo
  • 1 Cebola grande
  • 150 ml viño branco
  • 200 ml nata para cociñar
  • 1 cda manteiga
  • 3 cdas aceite de oliva virxe extra
  • 1 cdña mostaza Opcional, pero dálle un toque incrible
  • Sal e pementa
  • Pirixel fresco
Bacallau en prebe cremoso de allo e viño branco
Bacallau en prebe cremoso de allo e viño branco

Preparación:

  • Marcar o bacallau (5-6 min)
  • Secar ben o bacallau.
  • Nunha tixola grande con aceite, dourar o bacallau 2-3 minutos por cada lado.
  • Retirar e reservar. Isto crea sabor (fundamental).

Para a salsa:

  • Na mesma tixola, engadir a manteiga.
  • Rustrir a cebola moi picada a lume medio ata que estea ben pasada e case caramelizada.
  • Engadir o allo picado e cociñat un minuto máis.
  • Engadir o viño branco.
  • Deixar que reduza ata que o alcohol se evapore e quede máis concentrado. Aquí está gran parte do sabor.
  • Engadir a nata e a mostaza.
  • Cociñar a lume nedio ata que o prebe espese lixeiramente.
  • Salpementar ao gusto.

Integrar o bacallau:

  • Volver poñer o bacallau na tixola.
  • Cociñar todo xunto 4-5 minutos, bañándoo coa salsa.
  • Servir cunha folla de pirixel.
  • Truco profesional: engadir ao final un chorriño de limón ou un pouco de queixo relado tipo parmesano: isto elevará moitísimo o prebe.