Compartimos las recetas

Polo á cervexa
Polo á cervexa
Polo á cervexa
por: Rubén

Polo á cervexa

por: Rubén
É especial para min porque non é só unha receita, é unha desas comidas que me lembran momentos bonitos, estar coa xente que quero e sentirme na casa.


*Receita orixinal en castelán
Polo á cervexa
Polo á cervexa
Categoría Carnes
Comensais 2 personas
Tempo de elaboración 45 minutes
Tempo de cocción 35 minutes
Polo á cervexa

Ingredientes:

  • 450 g de polo coxas, contracoxas ou peituga en anacos
  • 330 ml de cervexa
  • 1/2 Cebola
  • 1 dente de allo
  • 1 cenoria
  • 1 cda de fariña
  • 2 cdas de aceite de oliva
  • Sal e pementa
  • 1/2 cdña de pemento doce
  • 1 folla de loureiro
  • 100 ml de caldo ou auga
  • Pirixel
Polo á cervexa
Polo á cervexa

Preparación:

Doura o polo durante 6/8 minutos.

  • Pon unha pota a lume medio-alto co aceite.
  • Engade o polo e dóurao ben por todos os lados. Aínda non fa falta cociñalo por dentro. Cando estea douradiño, sácao e resérvao.

Rustrido

  • Na mesma cazola engade: cebola picada, allo picado e cenoria en rodas.
  • Cociña a lume medio uns 5-7 minutos, remexendo ata que a cebola estea brandiña.

Engade fariña e pemento doce

  • Bota 1 cullerada de fariña e remexe durante uns 30-60 segundos.
  • Aparta un momento do lume e engade o pemento para que non se queime.

Incorpora a cervexa.

  • Incorpora a cervexa mentres remexes para que non queden grumos.
  • Engade tamén o loureiro e, se queres máis prebe, uns 100 ml de auga ou de caldo.

Devolve o polo á pota.

  • Cando empece a ferver, baixa a lume medio-baixo, tapa parcialmente e deixa cociñar.
  • -25-30 minutos, se usas coxas/contracoxas.
  • -15-20 minutos se utilizas peituga, para que non quede seca.
  • Remexe de vez en cando.

Espesa a salsa

  • Destapa durante os últimos 5 minutos e deixa que reduza ata que a salta teña a textura que che guste.
  • Pódese acompañar con pataca cocida, frita ou con arroz.