Chutney de froita confeitada
por: Sue Wald
Chutney de froita confeitada
por: Sue Wald
É unha fusión moi apreciada na miña familia entre unha receita tradicional do imperio británico -o \'windfall chutney\' - e os ingredientes tradicionais da terra galega, onde o vento e a chuvia ás veces nos agasallan quilos e quilos de froita caída que se ten que aproveitar rápido.
*Receita orixinal en castelán
*Receita orixinal en castelán

Categoría Entrantes e aperitivos
Comensais 10 personas
Tempo de elaboración 2 hours hours
Tempo de cocción 1 hour hour
Ingredientes:
- 1 Fío de aceite de oliva
- 320 ml de vinagre de sidra
- 150 g de azucre moreno
- 2 Cebolas de Betanzos
- 8 Pementos de Padrón
- 2 dentes de allo
- 2 cdñas de xenxibre relado
Ademais:
- 1 kg de pexegos de viña e damascos
- 100 g de mel de castiñeiro
- 1 cdña de chili
- 1 cdña de canela
- ½ cdña de sal mariño
- ½ cdña de pementa de Xamaica moída
Preparación:
- Fritir en aceite de oliva as cebolas, os allos e mais os pementos cortados en anacos, xunto co xenxibre, o azucre e o vinagre, a lume medio durante uns 8 minutos.
- Engadir a froita limpa e cortada, o mel e os condimentos e deixar cocer a lume lento durante uns 60 minutos.
- Gardar o chutney en tarros esterilizados e deixar repousar durante 4 semanas.
