Delicia de filloa gourmet cítrica á laranxa
por: Natalia Pérez
Delicia de filloa gourmet cítrica á laranxa
por: Natalia Pérez
É especial porque é a receita que me ensinou a miña avoa das filloas, e sempre a recordarei. Unha parte é dela e a outra é miña, achegando a miña creatividade e dándolle o toque gourmet.
*Receita orixinal en castelán
*Receita orixinal en castelán

Categoría Sobremesas e doces
Comensais 10 personas
Tempo de elaboración 1 hour hour
Tempo de cocción 30 minutes minutes
Ingredientes:
Para a masa das filloas gourmet:
- 2 Ovos
- 2 cdas de azucre
- 1 chisco de sal
- 1 vaso de fariña
- 1 rela de limón
- 2 cdas de anís
- 1 vado de leite
- 1/2 cartón de nata para montar
- 1 cda manteiga
Para a crema de laranxa
- 120 g de queixo crema
- 125 g de iogur grego lima/limón
- 1 Rela de laranxa
- 3 Laranxas de zume
- 1 Cartón Nata para montar
- 2 cdas de azucre glass
- Esrabilizante para nata. Opcional
Para a cazola de laranxa
- 1/2 Laranxa
- Recheo de crema de laranxa
- Zume de laranxa
- Azucre
- Licor
Preparación:
Para a masa:
- Bater dous ovos e o azucre coa fariña.
- Botar o leite, pouco a pouco.
- Logo, a nata mesturada previamente cun pouco de manteiga.
- A rela de limón e anís.
- As filloas fágoas nunha tixola de ferro, así desfrútoas con auténtico sabor.
Para a crema de laranxa:
- Espremer tres laranxas.
- Nun cazo, quentar o zume para reducir.
- Mentres arrefría, bater con varas o queixo crema.
- Engade o iogur grego e unha cullerada de anís e mais a rela de cítricos.
- Monta a nata con estabilizante (opcional) e azucre glass.
- Unha vez que estea frío o zume de laranxa, mestura a crema pouco a pouco.
- Engade ao final a nata pouco a poico cunha culler sen varas con movementos envolventes.
- Enches a laranxa baleira coa crema.
- Termínala con rela de laranxa e merelas no conxelador nunha friameira.
Para o caramelo:
- Nunha tixola, engade o azucre, o zume de laranxa e, unha vez reducido, flamea con licor.
- As filloas pódelas presentar así como están na foto ou enteiras, en roliño. Iso ao teu gusto.
