Xurelo ao forno da avoa
por: David Rey
Xurelo ao forno da avoa
por: David Rey
É unha das receitas máis típicas da miña casa. Facíalla miña avoa a miña nai, e miña nai a min. Cando era pequeno, era un rapaz que comía bastante ben, pero o peixe si que loitaban conmigo para que o comera, menos este xurelo ao forno. Este encantábame. Agora, pasaron máis de 20 anos dende a primeira vez que o probei, e cada día me sabe mellor, non sei cómo o fan tan ben porque a min nunca me queda como na casa. Espero que vos guste a metade do que me gusta a min.

Categoría Peixes e mariscos
Comensais 2 persoas
Tempo de elaboración 30 minutes minutes
Ingredientes:
- Xurelo
- Patacas
- Tomate
- Cebola
- Limón
- Laurel
- Aceite
- Pementón dulce
- Caldo de peixe
- Auga
- Pan raiado
- Sal
Preparación:
- Salar lixeiramente o xurelo unha horiña antes de facelo máis ou menos (aínda que se pode botar despois).
- Pon as patacas, a cebola e o tomate na parte baixa da bandexa do forno, cortadas ao gusto (en tacos, xulianas, rodaxas...)
- Coloca encima o xurelo, dalle dous cortes e pon no interior unha rodaxa de limón e laurel.
- Cubre todo de pan raiado (e bota agora o sal se non o botastes antes).
- Nunha taza á parte, bota a metade de auga, a metade de aceite, pementón dulce e unha pastilla de caldo.
- Mestura todo na taza e bótao por enriba da bandexa, deixando todo mollado.
- Ao forno ata que a pataca pinche e listo (adoitan ser uns 15-20 minutos).
