Roscón de Reis
por: Rocio Cuevas Paulos
Roscón de Reis
por: Rocio Cuevas Paulos
O 5 de xaneiro, avós, tíos e curmáns acudimos a ver a cabalgata dos Reis Magos. Despois, a tía -ou sexa, eu- prepara a masa. Pola mañá, érgome coa ilusión de ver se os Reis pasaron pola nosa casa e se viñeron cargados de agasallos.
Meto o roscón no forno sabendo que leva a figuriña agochada e mais a faba, como manda a tradición, e listo: a maxia está feita.
Todos xogamos a encontralas: a avoa é a que máis se divirte. Que emoción! Xa ole a Nadal e a familia!
*Receita orixinal en castelán
Meto o roscón no forno sabendo que leva a figuriña agochada e mais a faba, como manda a tradición, e listo: a maxia está feita.
Todos xogamos a encontralas: a avoa é a que máis se divirte. Que emoción! Xa ole a Nadal e a familia!
*Receita orixinal en castelán

Categoría Sobremesas e doces
Comensais 10 personas
Tempo de elaboración 2 hours hours 30 minutes minutes
Tempo de cocción 23 minutes minutes
Ingredientes:
- 500 g de fariña de forza
- 25 g de fermento fresco
- 1 vaso de leite morno
- 100 g de azucre
- 3 Ovos
- 100 g de manteiga
- 1 copiña de anís
- 1 chisco de sal
Preparación:
- Formamos un volcán coa fariña, co azucre e co sal.
- Engadimos o fermento previamente esluído en leite morno, a reladura do limón, o anís, 2 ovos e amasamos todo moi ben ata que quede unha masa lisa.
- Deixamos repousar 2 horas tapado ata que dobre o seu volume.
- Dámoslle forma de roscón e pintamos con ovo e azucre húmido.
- Deixamos repousar outras 2 horas tapado.
- Metemos no forno a 190º 23 minutos e.. listo para desfrutar!
