Compartimos las recetas

Arepas Raíña Pepiada
Arepas Raíña Pepiada
Arepas Raíña Pepiada
por: Elena Maurente Marín

Arepas Raíña Pepiada

por: Elena Maurente Marín
Para min, as arepas significan infancia, familias e momentos compartidos. É unha comida versátil que coñecín cando era unha nena. A nai de meu tío, nado en Venezuela, facíaas cando iamos de campamento ou para cear despois dunha tarde chea de xogos e de pequenas aventuras.
Daquela, as arepas enchiámolas e forma sinxela, con friame: queixo, lombo, chourizo... Pero, ao medrar, descubrín todo un mundo de variantes que agora me encanta preparar para os meus amigos e familiares. Por iso, comparto convosco a miña versión das arepas Raíña Pepiada.
*Receita orixinal en castelán
Arepas Raíña Pepiada
Arepas Raíña Pepiada
Categoría Entrantes e aperitivos
Comensais 4 personas
Tempo de elaboración 1 hour 30 minutes
Arepas Raíña Pepiada

Ingredientes:

  • 240 g de fariña de millo
  • 400 ml de auga morna
  • 1 cdña de sal
  • 1 chorriño de aceite

Para o recheo "Raíña Pepiada"

  • 1 Peituga de polo cocida
  • 2 Aguacates
  • 2 cdas grandes de maionesa
  • 1/2 limón. Usamos o zume
  • 1 chisco de coriandro
  • 1 dente de allo
Arepas Raíña Pepiada
Arepas Raíña Pepiada

Preparación:

  • Nun recipiente, botamos os 240 g de fariña de millo, o sal e imos incorporando paseniñamente a auga. Mesturamos ata que quede unha masa homoxénea e que non quede pegada nas mans. Unha vez lista, tapamos o recipiente e deixamos repousar a masa durante uns 5 minutos.
  • Dividimos a masa, a ollo, en 4 porcións. Coas mans húmidas, facemos unha bóla con cada porción e, despois, esmagámolas, dándolles forma de arepa. Pódense cociñar na prancha ou fritir. Eu, persoalmente, frítoas en aceite ata que estean douradas polas dúas caras.
  • Para o recheo, fervemos unha peituga de polo. Mentres, machucamos o dente de allo e mais os aguacates. Unha vez esmagados, mesturámolos coa maionesa e co zume de limón.
  • Cando o polo estea fervido, esmigallámolo e mesturámolo coa preparación anterior. Engadimos coriandro ao gusto.
  • Abrimos as arepas e enchémolas xenerosamente.