Compartimos las recetas

Pastel 3 leites
Pastel 3 leites
Pastel 3 leites
por: Yéssica

Pastel 3 leites

por: Yéssica
Este pastel 3 leites significa moito para min porque é o pastel do meu aniversario. Non é só unha sobremesa senón unha lembranza e unha tradición que espero con ilusión cada ano. Tráeme momentos felices coa miña familia e cos meus amigos, celebrando. Para min, cada bocado sabe a aniversario, a cariño e a eses pequenos momentos que fan que un día sexa especial


*Receita orixinal en castelán
Pastel 3 leites
Pastel 3 leites
Categoría Sobremesas e doces
Comensais 8 personas
Tempo de elaboración 35 minutes
Tempo de cocción 30 minutes
Pastel 3 leites

Ingredientes:

  • 5 Ovos
  • 100 g de azucre
  • 150 g de fariña de trigo
  • 1 cdña de fermento químico. Pódese substituír por bicarbonato de sodio
  • 1 cdña de esencia de vainilla
  • 1 chisco de sal
  • 400 ml de leite evaporado
  • 400 g leite condensado
  • 250 ml de nata para montar
  • Amorodos
  • Doce de leite
Pastel 3 leites
Pastel 3 leites

Preparación:

  • Prequenta o forno a 180 ºC e engraxa un molde de aproximadamente 22 x 33 cm.
  • Separa 5 ovos en claras e xemas.
  • Monta as claras cun chisco de sal. Cando empecen a escumar, engade pouco a pouco 50 gr de azucre (a metade) e segue a bater ata obter picos firmes.
  • Noutro bol, bate as xemas cos 50 g de azucre restantes e 1 culleradiña de esencia de vainilla.
  • Incorpora as xemas batidas ás claras con movementos envolventes.
  • Peneira 150 g de fariña e unha culleradiña de fermento e intégraa pouco a pouco cunha espátula, sen perder o aire da mestura.
  • Verte a masa no molde sen dar golpes e mete no forno durante 25-30 minutos, ou ata que ao picar o centro cun pauciño, saia limpo.
  • Saca o biscoito do forno e deixa que arrefríe por completo. Despois, pica toda a superficie cun garfo ou cunha brocheta.
  • Nun recipiente, mestura todo o leite evaporado, o leite condensado e 250 ml de nata para montar ata que quede homoxéneo.
  • Verte esta mestura moi pouco a pouco sobre todo o biscoito, deixando uns segundos entre cada tanda para que a absorba ben.
  • Cubre o molde e deixa repousar na neveira polo menos 6 horas, aínda que o ideal é toda a noite.
  • Cando o pastel estea ben frío, monta os outros ml de nata para montar con 40-50 g de azucre e unha culleradiña de vainilla ata que quede firme.
  • Estende a nata sobre toda a superficie do pastel e decora ao gusto co doce de leite, amorodos, froitos vermellos, coco relado ou lascas de chocolate.
  • Sirve ben frío.