Bica galega
por: Fernando Suárez Valderrey
Bica galega
por: Fernando Suárez Valderrey
É a receita que nos deu un amigo reposteiro e que facemos en familia todos os domingos a miña filla e mais eu, para tela todos os días durante a semana e tomala cunha cunca de leite.
*Receita orixinal en castelán
*Receita orixinal en castelán

Categoría Sobremesas e doces
Comensais 8 personas
Tempo de elaboración 15 minutes minutes
Tempo de cocción 45 minutes minutes
Ingredientes:
- 150 g de manteiga de vaca
- 300 g de fariña integral de trigo
- 200 g de azucre branco
- 200 ml de nata para montar
- 3 Ovos L
- 1 chisco de sal
- 1 sobre de impulsor químico
Preparación:
- Xúntanse os ingredientes secos peneirados.
- Sepáranse as claras das xemas.
- Póñense as claras a punto de neve.
- Engádense os líquidos e mestúrase ben.
- Por último, engádense as claras.
- Metemos no forno durante 45 minutos a 180 graos con calor arriba e abaixo.
