Pastel frío de limón
por: Yéssica Rodríguez Freire
Pastel frío de limón
por: Yéssica Rodríguez Freire
Para min, esta receita significa recordos, momentos en familia e cociñar dunha forma sinxela e especial. Gústame porque non fai falta seguir medidas exactas. Faise "a ollo", con cariño e desfrutando do proceso.
*Receita orixinal en castelán
*Receita orixinal en castelán

Categoría Sobremesas e doces
Comensais 8 personas
Tempo de elaboración 10 minutes minutes
Ingredientes:
- 1 bote de leite condensado
- 1 bote de leite evaporado. Mesma cantidade que de leite condensado
- Galletas
- Limóns
Preparación:
- Poñemos a mesma cantidade de leite condensado ca de leite evaporado. As cantidades son orientadoras porque sempre o fago a ollo, pero adoitan ser uns 500 ml de cada un.
- Despois, coa axuda dun espremedor, esprememos aproximadamente 4-5 limóns, aínda que depende un pouco do gusto e da cantidade de zume que teñan.
- Deseguido, nun batedor, mesturamos os dous leites mentres engadimos pouco a pouco o zume de limón. A mestura irase espesando porque o leite "córtase".
- Despois, nun bol, poñemos unha capa de galletas e outra da mestura alternando capas de galleta e crema tantas veces como queiramos. Terminamos cunha capa de crema e decoramos con reladura de limón.
- Por último, deixamos a sobremesa toda a noite na neveira para que solidifique.
