Arroz con leite "La Güela"
por: Cristina Álvarez Montes
Arroz con leite "La Güela"
por: Cristina Álvarez Montes
Este arroz con leite asturiano é o que fixo toda a miña familia e o que se transmitiu aos descendentes con moita tradición, amor e "paciencia". A "güela" era a miña nai, a protagonista desta receita que presento e da que estou tan orgullosa e que sigo facendo en calquera celebración, aínda que xa levo 50 anos vivindo na Coruña. Adórnase requeimando o azucre e aínda lembro as miñas avoas facéndoo co "ganchu" da cociña bilbaína, lavado previamente e metido nas ascuas ata que estea ben quente.Hoxe en día isto faise cun soprete ou cun queimador eléctrico (é o que eu uso). Hai que destacar que o éxito desta receita é froito da “paciencia”, pois reméxese durante hora e media ou dúas. Pódense usar aparellos que o fan en menos tempo, pero nunca queda coa textura e cremosidade como a feita “a man”.*Receita orixinal en castelán

Categoría Sobremesas e doces
Comensais 6 personas
Tempo de elaboración 10 minutes minutes
Tempo de cocción 1 hour hour 40 minutes minutes
Ingredientes:
- 100 g arroz
- 1 litro de leite enteiro. Mellor fresco
- 50 g de manteiga
- 1 cda de sal
- 1 monda dun limón
- 1 rama de canela
- 125 g azucre
- 1 chorriño de anís
Preparación:
- Nunha cazola, ponse o fondo con auga e a monda do limón e mais a canela co sal e o arroz para abrilo durante 5 minutos. Noutra cazola, ponse o leite coa manteiga a ferver.
- Váiselle engadindo o leite ao arroz e vaise remexendo durante o tempo que precise para ir absorbendo o leite (sobre unha hora).
- Engádeselle o azucre e séguese remexendo con coidado de que non pegue ao fondo. Engádeselle o anís, próbase e rectíficase segundo o gusto persoal.
- Sácase a unha fonte ou a recipientes individuais, procurando retirar a pel do limón e o pau da canela. Déixase arrefriar e adórnase.
- Nosoutros adornámola botando azucre por enriba e, cun queimador, caramelizámolo ata que se derreta. Cun soprete tamén queda moi ben.
