Bacallau en prebe cremoso de allo e viño branco
por: Yolanda Carballo Valiñas
Bacallau en prebe cremoso de allo e viño branco
por: Yolanda Carballo Valiñas
É especial porque herdei a receita da miña nai e está para chupar os dedos. É o recordo de toda a miña familia sentada á mesa desfrutando deste delicioso manxar; todos xuntos.
*Receita orixinal en castelán
*Receita orixinal en castelán

Categoría Peixes e mariscos
Comensais 4 personas
Tempo de elaboración 30 minutes minutes
Tempo de cocción 28 minutes minutes
Ingredientes:
- 4 Lombos de bacallau desalgado 150-200 g
- 4 dentes allo
- 1 Cebola grande
- 150 ml viño branco
- 200 ml nata para cociñar
- 1 cda manteiga
- 3 cdas aceite de oliva virxe extra
- 1 cdña mostaza Opcional, pero dálle un toque incrible
- Sal e pementa
- Pirixel fresco
Preparación:
- Marcar o bacallau (5-6 min)
- Secar ben o bacallau.
- Nunha tixola grande con aceite, dourar o bacallau 2-3 minutos por cada lado.
- Retirar e reservar. Isto crea sabor (fundamental).
Para a salsa:
- Na mesma tixola, engadir a manteiga.
- Rustrir a cebola moi picada a lume medio ata que estea ben pasada e case caramelizada.
- Engadir o allo picado e cociñat un minuto máis.
- Engadir o viño branco.
- Deixar que reduza ata que o alcohol se evapore e quede máis concentrado. Aquí está gran parte do sabor.
- Engadir a nata e a mostaza.
- Cociñar a lume nedio ata que o prebe espese lixeiramente.
- Salpementar ao gusto.
Integrar o bacallau:
- Volver poñer o bacallau na tixola.
- Cociñar todo xunto 4-5 minutos, bañándoo coa salsa.
- Servir cunha folla de pirixel.
- Truco profesional: engadir ao final un chorriño de limón ou un pouco de queixo relado tipo parmesano: isto elevará moitísimo o prebe.
