Tarta de noces
por: María
Tarta de noces
por: María
Tradición, as noces están moi ligadas ao mundo rural. Son froito de outono, fáciles de conservar durante o inverno e asociadas á abundancia e á continuidade da vida. Por iso, facer unha tarta con noces era unha forma de aproveitar o que daba a terra e celebrar esa riqueza natural.

Categoría Sobremesas e doces
Comensais 4
Tempo de elaboración 1 hour hour 10 minutes minutes
Tempo de cocción 30 minutes minutes
Ingredientes:
- 250 g de noces peladas
- 4 Ovos
- 200 g de azucre
- 100 g de manteiga derretida
- 100 g de fariña
- 1 sobre de fermento químico
- 1 Reladura de limón Opcional
- 1 chisco de sal
- Azucre glacé ou chocolate Para decorar
Preparación:
- Preparar as noces: pícaas finas (pero non en po; é mellor que queden pequenos anacos).
- Nun bol grande, bate os ovos co azucre ata obter unha mestura clara e espumosa.
- Engadir a manteiga derretida e mesturar ben.
- Engade a fariña, o fermento e o sal peneirados. Mestura con movementos suaves.
- Engade as noces picadas e, se queres, un pouco de reladura de limón.
- Verte a mestura nun molde engraxado e enforna a 180 °C durante uns 30–35 minutos (ata que estea dourada e, ao pinchar, saia seco).
- Deixa arrefriar e espolvorea con azucre glacé por riba ou, como alternativa, con chocolate.
