Filloas
por: Judit Ucha García
Filloas
por: Judit Ucha García
É especial para min porque é unha das primeiras receitas que fixen coa miña nai e que me ensinou a facer. Ademais, é unha sobremesa sinxela e propia da nosa cultura que se pode adaptar facilmente para facela máis saudable.
*Receita orixinal en castelán
*Receita orixinal en castelán

Categoría Sobremesas e doces
Comensais 2
Tempo de elaboración 20 minutes minutes
Tempo de cocción 2 minutes minutes
Ingredientes:
- 1 Ovo
- 1 Vaso de leite
- 1 Vaso de fariña
- Reladura de limón
- Aceite de oliva
- Azucre
Preparación:
- Bater o ovo.
- Engadir o leite e a reladura de limón.
- Engadir, pouco a pouco, a fariña e ir batendo ata que a fariña se mesture perfectamente e non queden bolocos.
- Poñer un pouco de aceite nunha tixola e ir botando a mestura desde o centro (a mestura xa se estende soa). Baixar a lume medio.
- Cando vexas que empezan a formarse buratiños na masa, dálle a volta e, ao cabo de 30 segundos, quítaa do lume.
