Compartimos las recetas

Leite frito
Leite frito
Leite frito
por: Belén Viñas Lamas

Leite frito

por: Belén Viñas Lamas
É a miña sobremesa preferida desde nena. A miña avoa ensinoume a receita e, ata a data, non atopei en ningún sitio a receita feita con fariña (non con maicena) e que teña unha textura tan boa coma esta.


*Receita orixinal en castelán
Leite frito
Leite frito
Categoría Sobremesas e doces
Comensais 6
Tempo de elaboración 30 minutes
Tempo de cocción 20 minutes
Leite frito

Ingredientes:

  • 100 g azucre
  • 50 g manteiga
  • 50 g fariña
  • 500 ml leite enteiro
  • 4 xemas de ovo
  • 1 Ovo enteiro
  • Aceite
  • Azucre en po
  • Canela
Leite frito
Leite frito

Preparación:

  • Nun cazo, mesturar os ovos e mais o azucre, bater ben e engadir o leite.
  • Noutro cazo, derreter a manteiga e engadir a fariña. Remexer ben e incorporar o leite con xemas.
  • Deixar ferver remexendo continuamente e a lume medio.
  • Verter nunha fonte plana e deixar arrefriar.
  • Despois, cortar a crema en cadradiños e pasalos por fariña e ovo batido e fritir.
  • Esparexer canela e azucre en po.
  • Servir.