Pastel de berenxena
por: Ana López
Pastel de berenxena
por: Ana López
É especial para min e non quero que se perda porque é unha receita que preparei e adaptei durante o confinamento para un concurso de tapas sas e, grazas a ela, gañei o concurso.
*Receita orixinal en castelán
*Receita orixinal en castelán

Categoría Entrantes e aperitivos
Comensais 4
Tempo de elaboración 20 minutes minutes
Tempo de cocción 20 minutes minutes
Ingredientes:
- 4 Berenxenas
- 4 Tomates
- 1 Cebola
- 250 Queixo mascarpone
- 2 Ovos
- 10 Lacón braseado
- 1/2 Vaso Leite
- AOVE
- Pementa e sal
- Mozzarella relada
Preparación:
- Cortar as berenxenas en rodas e cociñalas durante 10 minutos no microondas.
- Picar a cebola e refogala cun pouquiño de aceite.
- Triturar o tomate e engadirllo á cebola. Salpementar ao gusto.
- Dourar as rodas de berenxena na tixola.
- Nun bol, mesturar os ovos, o marcaspone e mais o leite ata que quede unha crema.
- Para montar o pastel, poremos nun recipiente apto para forno, unha capa de berenxena, unha capa de tomate, unha de queixo e unha de lacón e así sucesivamente. Podemos ter tantas capas como queiramos.
- Unha vez montado o pastel, cubrimos con queixo mozzarella.
- Introducir no forno, previamente prequentado, a 200 graos ata que o queixo se doure. Aproximadamente, 10 minutos.
