{"id":17546,"date":"2023-11-27T08:25:47","date_gmt":"2023-11-27T08:25:47","guid":{"rendered":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/?p=17546"},"modified":"2023-11-27T08:38:05","modified_gmt":"2023-11-27T08:38:05","slug":"o-voluntariado-unha-forma-desconecida-de-colaboracion-e-aprendizaxe","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/o-voluntariado-unha-forma-desconecida-de-colaboracion-e-aprendizaxe\/","title":{"rendered":"O voluntariado: unha forma desco\u00f1ecida de colaboraci\u00f3n e aprendizaxe"},"content":{"rendered":"<p>O concepto de desenvolvemento sostible xira ao redor da idea de transformaci\u00f3n social, ambiental e econ\u00f3mica. Isto require dunha <strong>cidadan\u00eda activa e comprometida<\/strong> para conseguir un mundo m\u00e1is xusto, inclusivo e sostible. Por iso, a<a href=\"https:\/\/sdgs.un.org\/2030agenda\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"> Axenda 2030<\/a> reco\u00f1ece explicitamente aos grupos de<strong> persoas voluntarias como partes interesadas<\/strong> para alcanzar os <a href=\"https:\/\/www.un.org\/sustainabledevelopment\/es\/2018\/08\/sabes-cuales-son-los-17-objetivos-de-desarrollo-sostenible\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">17 ODS<\/a>. A consecuci\u00f3n destes obxectivos esixe cambios de actitude e comportamento a longo prazo. O <strong>voluntariado<\/strong> constit\u00fae unha <strong>peza crave<\/strong>, xa que contrib\u00fae a crear conciencia e defender eses cambios, inspirando a outras persoas e convert\u00e9ndose nun medio poderoso e transversal de implementaci\u00f3n.<br \/>\nA <strong>acci\u00f3n voluntaria \u00e9 un recurso con enorme potencial<\/strong> para a soluci\u00f3n de problemas. De feito, a s\u00faa importancia evid\u00e9nciase con claridade na resposta aos crecentes desaf\u00edos aos que nos enfrontamos a nivel mundial: pandemia, conflitos, desastres naturais\u2026 Con frecuencia, as persoas voluntarias reaccionan con urxencia e son as primeiras en organizarse para axudar. En <a href=\"https:\/\/www.gadis.es\/\">Gadis<\/a>, sempre<strong> valoramos esta solidariedade colectiva<\/strong> para impulsar un cambio positivo e tratamos de apoiar este tipo de iniciativas. Pero non todo son grandes acci\u00f3ns ben organizadas! Tam\u00e9n hai pequenos xestos que poden significar moito. En definitiva, todas e todos podemos ser axentes de cambio e levarnos unha aprendizaxe no proceso. Queres saber como? Segue a ler!<\/p>\n<h3><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter  wp-image-17537\" src=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/VOLUNTARIADO_GADIS-6-240x300.jpg\" alt=\"\" width=\"282\" height=\"353\" srcset=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/VOLUNTARIADO_GADIS-6-240x300.jpg 240w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/VOLUNTARIADO_GADIS-6-819x1024.jpg 819w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/VOLUNTARIADO_GADIS-6-768x960.jpg 768w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/VOLUNTARIADO_GADIS-6-1229x1536.jpg 1229w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/VOLUNTARIADO_GADIS-6-1638x2048.jpg 1638w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/VOLUNTARIADO_GADIS-6-scaled.jpg 2048w\" sizes=\"(max-width: 282px) 100vw, 282px\" \/><\/h3>\n<h3>\nO voluntariado: colaboraci\u00f3n e aprendizaxe<\/h3>\n<p>A L<a href=\"https:\/\/www.boe.es\/buscar\/act.php?id=BOE-A-2015-11072\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">ei 45\/2015, do 14 de outubro, de Voluntariado<\/a> define o <strong>voluntariado<\/strong> como unha <strong>actividade solidaria e social, de car\u00e1cter altru\u00edsta<\/strong>, sen contraprestaci\u00f3n econ\u00f3mica de ning\u00fan tipo. Pola s\u00faa banda, a <a href=\"http:\/\/plataformavoluntariado.org\/wp-content\/uploads\/2019\/01\/quiero-hacer-voluntariado-web-h.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Plataforma do Voluntariado de Espa\u00f1a<\/a> pon \u00e9nfase na mellora da realidade que sup\u00f3n a intervenci\u00f3n das persoas voluntarias, xa que a acci\u00f3n voluntaria constit\u00fae un motor <strong>importante para o desenvolvemento<\/strong>.<br \/>\nDe acordo co <a href=\"https:\/\/swvr2022.unv.org\/es\/capitulo-2\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">\u00faltimo informe das Naci\u00f3ns Unidas<\/a>, o <strong>n\u00famero mensual de persoas voluntarias<\/strong> maiores de 15 anos no mundo supera os <strong>862 mill\u00f3ns<\/strong>, a\u00ednda que <strong>a maior\u00eda do traballo voluntario organ\u00edzase de maneira informal.<\/strong> \u00c9 dicir, tr\u00e1tase de acci\u00f3ns que non est\u00e1n amparadas por unha organizaci\u00f3n, poden ser individuais e xurdir de maneira espont\u00e1nea con car\u00e1cter ocasional.<br \/>\nEn <strong>Espa\u00f1a<\/strong>, <a href=\"https:\/\/plataformavoluntariado.org\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/accion-voluntaria2020-1.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">ao redor de 2,7 mill\u00f3ns de persoas participan en tarefas de voluntariado<\/a> e o <strong>perfil m\u00e1is com\u00fan<\/strong> da persoa voluntaria \u00e9 o dunha <strong>muller de entre 34 e 45 anos<\/strong>, con estudos superiores, con menores de idade ao seu cargo e cunha media de 5 anos de participaci\u00f3n en acci\u00f3ns sociais.<br \/>\nPero a acci\u00f3n voluntaria <strong>non \u00e9 s\u00f3 un proceso de colaboraci\u00f3n<\/strong> co que impactar de maneira positiva na contorna, sen\u00f3n tam\u00e9n un<strong> proceso de aprendizaxe<\/strong>. Desenv\u00f3lvense novas habilidades, prof\u00fandase no autoco\u00f1ecemento e pr\u00e9stase m\u00e1is atenci\u00f3n ao mundo que nos rodea. Ademais, a experiencia permite co\u00f1ecer novas comunidades, persoas, organizaci\u00f3ns e realidades \u00e1 vez que se aumentan capacidades e destrezas. O voluntariado brinda a oportunidade de desenvolver aspectos como, por exemplo, o traballo en equipo, o liderado, a organizaci\u00f3n e planificaci\u00f3n, a innovaci\u00f3n e creatividade, a empat\u00eda e a comunicaci\u00f3n interpersoal e mesmo a autoestima.<\/p>\n<h3><img decoding=\"async\" class=\"aligncenter  wp-image-17544\" src=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/VOLUNTARIADO_GADIS-300x200.jpg\" alt=\"\" width=\"347\" height=\"231\" srcset=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/VOLUNTARIADO_GADIS-300x200.jpg 300w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/VOLUNTARIADO_GADIS-1024x683.jpg 1024w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/VOLUNTARIADO_GADIS-768x512.jpg 768w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/VOLUNTARIADO_GADIS-1536x1024.jpg 1536w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/VOLUNTARIADO_GADIS-2048x1365.jpg 2048w\" sizes=\"(max-width: 347px) 100vw, 347px\" \/><\/h3>\n<h3>\nQueres formar parte do voluntariado?<\/h3>\n<p>Hai unha serie de cuesti\u00f3ns sobre as que conv\u00e9n pensar para sacar o m\u00e1ximo partido \u00e1 tarefa solidaria cando se quere realizar un voluntariado formal. Estas son as suxesti\u00f3ns da Plataforma Espa\u00f1ola de Voluntariado:<br \/>\n&#8211; <strong>Reflexionar sobre as raz\u00f3ns para formar parte da acci\u00f3n voluntaria<\/strong>, buscando informaci\u00f3n por distintas v\u00edas para determinar cal \u00e9 o compromiso que se desexa adquirir.<br \/>\n&#8211; <strong>Co\u00f1ecer a contorna e identificar as necesidades<\/strong>, tendo en conta as prioridades e<br \/>\nexpectativas e valorando as capacidades e aptitudes.<br \/>\n&#8211; <strong>Definir a participaci\u00f3n<\/strong>, considerando o tempo que se pode dedicar, o tipo de implicaci\u00f3n e a causa na que se quere intervir.<br \/>\n&#8211; <strong>Contactar con entidades<\/strong> que se axusten ao que se est\u00e1 a buscar para valorar a posibilidade de incorporaci\u00f3n.<br \/>\n&#8211; Establecer un<strong> acordo coa entidade<\/strong> para comezar a participaci\u00f3n.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" class=\"aligncenter  wp-image-17540\" src=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/VOLUNTARIADO_GADIS-12-200x300.jpg\" alt=\"\" width=\"235\" height=\"353\" srcset=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/VOLUNTARIADO_GADIS-12-200x300.jpg 200w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/VOLUNTARIADO_GADIS-12-683x1024.jpg 683w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/VOLUNTARIADO_GADIS-12-768x1152.jpg 768w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/VOLUNTARIADO_GADIS-12-1024x1536.jpg 1024w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/VOLUNTARIADO_GADIS-12-1365x2048.jpg 1365w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/VOLUNTARIADO_GADIS-12-scaled.jpg 1707w\" sizes=\"(max-width: 235px) 100vw, 235px\" \/><\/p>\n<p>A actividade voluntaria pode desenvolverse en <a href=\"http:\/\/plataformavoluntariado.org\/wp-content\/uploads\/2019\/01\/quiero-hacer-voluntariado-web-h.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">diferentes \u00e1mbitos<\/a> dependendo dos intereses da persoa:<br \/>\n&#8211; Voluntariado social.<br \/>\n&#8211; Voluntariado internacional.<br \/>\n&#8211; Voluntariado ambiental.<br \/>\n&#8211; Voluntariado cultural.<br \/>\n&#8211; Voluntariado deportivo.<br \/>\n&#8211; Voluntariado educativo.<br \/>\n&#8211; Voluntariado socio-sanitario.<br \/>\n&#8211; Voluntariado de ocio e tempo libre.<br \/>\n&#8211; Voluntariado comunitario.<br \/>\n&#8211; Voluntariado de protecci\u00f3n civil.<br \/>\nComo diciamos ao comezo, non todas as acci\u00f3ns voluntarias se enmarcan dentro das actuaci\u00f3ns dunha organizaci\u00f3n. Tam\u00e9n poden xurdir de maneira espont\u00e1nea a nivel particular e motivadas pola axuda mutua. Normalmente, o voluntariado informal implica dedicar tempo e enerx\u00eda para axudar na vida coti\u00e1 das persoas. Dentro deste tipo de actividades, enmarcar\u00edase, por exemplo, comprar alimentos ou medicamentos para persoas vulnerables, con mobilidade reducida ou de idade avanzada sen que exista o soporte dunha entidade. De feito, incluso algo tan sinxelo como sacar o lixo ou dar conversaci\u00f3n poder\u00eda converterse nunha actividade de voluntariado.<br \/>\nNeste caso, a tarefa ten maior flexibilidade, xa que non estar\u00eda sometida aos horarios establecidos, a unha descrici\u00f3n formal de funci\u00f3ns, nin supeditada \u00e1 supervisi\u00f3n dunha persoa responsable de voluntariado.<br \/>\nE ti? Xa formas parte da acci\u00f3n voluntaria? Quiz\u00e1 xa realizas algunha acci\u00f3n de voluntariado informal, verdade? Encantar\u00edanos que nolo contes!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O concepto de desenvolvemento sostible xira ao redor da idea de transformaci\u00f3n social, ambiental e econ\u00f3mica. Isto require dunha cidadan\u00eda activa e comprometida para conseguir un mundo m\u00e1is xusto, inclusivo e sostible. Por iso, a Axenda 2030 reco\u00f1ece explicitamente aos grupos de persoas voluntarias como partes interesadas para alcanzar os 17 ODS. A consecuci\u00f3n destes [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":17537,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[422],"tags":[],"class_list":["post-17546","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-actualidad-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17546","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=17546"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17546\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":17548,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17546\/revisions\/17548"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/media\/17537"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=17546"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=17546"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=17546"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}