{"id":17518,"date":"2023-11-16T10:40:45","date_gmt":"2023-11-16T10:40:45","guid":{"rendered":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/?p=17518"},"modified":"2025-09-30T08:41:59","modified_gmt":"2025-09-30T08:41:59","slug":"recursos-didacticos-para-traballar-o-25n-na-aula","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/recursos-didacticos-para-traballar-o-25n-na-aula\/","title":{"rendered":"Recursos did\u00e1cticos para traballar o 25N na aula"},"content":{"rendered":"<p>Quedan uns d\u00edas para a celebraci\u00f3n do <strong>25 de novembro, o D\u00eda Internacional para a Eliminaci\u00f3n da Violencia contra a Muller<\/strong>, un tema moi importante para <a href=\"https:\/\/www.gadis.es\/\">Gadis<\/a> co que levamos varios anos solidariz\u00e1ndonos a trav\u00e9s da participaci\u00f3n en iniciativas que traballan para a s\u00faa erradicaci\u00f3n. Por desgraza, <strong>a violencia contra as mulleres e as nenas segue a ser unha das violaci\u00f3ns dos dereitos humanos m\u00e1is estendidas e xeneralizadas no mundo<\/strong>. <a href=\"https:\/\/www.un.org\/es\/observances\/ending-violence-against-women-day\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Est\u00edmase que unha de cada tres mulleres foi v\u00edtima de violencia f\u00edsica e\/ou sexual polo menos unha vez na s\u00faa vida<\/a>. Os esforzos que se dedican \u00e1 s\u00faa eliminaci\u00f3n son insuficientes e \u00e9 necesario tomar conciencia sobre a importancia da <strong>prevenci\u00f3n<\/strong> para focalizalos. Nese sentido, as etapas educativas iniciais rev\u00e9lanse como unha fase crucial. Por iso, hoxe queremos compartir unha serie de <strong>recursos did\u00e1cticos<\/strong> que poden facilitar ao profesorado de distintos niveis educativos o traballo de <strong>concienciaci\u00f3n e sensibilizaci\u00f3n<\/strong> sobre o tema na aula. As\u00ed, contribuir\u00e1n a desenvolver a capacidade de detecci\u00f3n non s\u00f3 de situaci\u00f3ns nas que se exerce violencia sobre as mulleres e as nenas, sen\u00f3n tam\u00e9n de discriminaci\u00f3n por raz\u00f3n de x\u00e9nero. Queres saber m\u00e1is? Segue a ler!<\/p>\n<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter wp-image-17507\" src=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/25N_GADIS-2-300x200.png\" alt=\"\" width=\"351\" height=\"234\" srcset=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/25N_GADIS-2-300x200.png 300w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/25N_GADIS-2-1024x683.png 1024w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/25N_GADIS-2-768x512.png 768w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/25N_GADIS-2.png 1200w\" sizes=\"(max-width: 351px) 100vw, 351px\" \/><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h3>A violencia contra as mulleres<\/h3>\n<p>De acordo coa informaci\u00f3n de <a href=\"https:\/\/www.unwomen.org\/es\/what-we-do\/ending-violence-against-women\/facts-and-figures\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">ONU Mulleres<\/a>, a pandemia, os conflitos e o cambio clim\u00e1tico aumentaron a posibilidade de que mulleres e nenas se convirtan en v\u00edtimas de violencia e xeraron novas ameazas, socavando a\u00ednda m\u00e1is a s\u00faa vulnerabilidade. Con todo, non se conta con informaci\u00f3n clara sobre a forma na que os pa\u00edses est\u00e1n a integrar <strong>a prevenci\u00f3n en diferentes sectores<\/strong> como a educaci\u00f3n, a sa\u00fade, o desenvolvemento econ\u00f3mico e a protecci\u00f3n social. Por ese motivo, este ano, a campa\u00f1a da ONU <a href=\"https:\/\/www.unwomen.org\/es\/what-we-do\/ending-violence-against-women\/unite\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">16 D\u00edas de activismo<\/a> pretende co\u00f1ecer as acci\u00f3ns que se est\u00e1n a levar a cabo. Co lema \u201c\u00daNETE! Inviste para previr a violencia contra as mulleres e as nenas\u201d, nesta edici\u00f3n b\u00fascase co\u00f1ecer a importancia que a cidadan\u00eda e os gobernos conceden \u00e1 erradicaci\u00f3n da violencia contra as mulleres e as nenas.<br \/>\nEsta violencia segue relativamente silenciada por un sistema que facilita a impunidade de quen a comete, as\u00ed como a estigmatizaci\u00f3n social e a vergo\u00f1a de quen a sofre. Un punto de inflexi\u00f3n para fomentar o cambio pode xurdir a trav\u00e9s da <strong>educaci\u00f3n na aula<\/strong>.<\/p>\n<h3>25N na aula<\/h3>\n<p>Para o equipo de Gadis, \u00e9 urxente frear a violencia contra as mulleres e as nenas. Por iso, decidimos sumarnos \u00e1 campa\u00f1a da ONU, buscando recursos did\u00e1cticos de instituci\u00f3ns, organismos, centros educativos e docentes que perseguen<strong> a transformaci\u00f3n das normas sociais dani\u00f1as e o apoderamento das mulleres e das nenas<\/strong>. Aqu\u00ed deixamos unha bater\u00eda de ideas para que o profesorado poida<strong> traballar o 25N na aula<\/strong> ordenada por etapas educativas:<br \/>\n&#8211; EDUCACI\u00d3N INFANTIL<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" class=\"aligncenter wp-image-17509\" src=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/25N_GADIS-4-300x157.png\" alt=\"\" width=\"350\" height=\"183\" srcset=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/25N_GADIS-4-300x157.png 300w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/25N_GADIS-4-1024x535.png 1024w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/25N_GADIS-4-768x401.png 768w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/25N_GADIS-4.png 1200w\" sizes=\"(max-width: 350px) 100vw, 350px\" \/><\/p>\n<p>Encantounos a proposta do Goberno de Canarias para a creaci\u00f3n dun <a href=\"https:\/\/www3.gobiernodecanarias.org\/medusa\/edublog\/cprofeslaspalmasdegrancanaria\/2022\/11\/propuestas-para-trabajar-el-25n-en-los-centros-educativos\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Recuncho dos coidados<\/a> nas aulas de infantil! Apostando por unha metodolox\u00eda que adoita utilizarse con frecuencia nesta etapa educativa (a dos recunchos), x\u00e9rase un<strong> espazo fixo que se converte no punto de referencia para nenos e nenas en materia de coidado mutuo e empat\u00eda<\/strong>. Os nenos e as nenas contrib\u00faen \u00e1 decoraci\u00f3n do espazo, por exemplo, con debuxos que representen actitudes positivas cara aos demais ou coa colocaci\u00f3n de elementos como cox\u00edns que lles brinden comodidade. Aos poucos, van constru\u00edndo ese punto ao que acudir cando sintan certas emoci\u00f3ns (tristeza, frustraci\u00f3n, enfado etc.). Cando os compa\u00f1eiros e compa\u00f1eiras detectan que hai algu\u00e9n nese recuncho, acudir\u00e1n a prestar o seu apoio. \u00c9 unha forma sinxela e participativa para fomentar un lugar de respecto e coidado na aula, incidindo na prevenci\u00f3n da violencia de x\u00e9nero mediante a promoci\u00f3n dunha cultura de paz e coidados.<br \/>\nNo blog do CEIP Victoria D\u00edez de Hornachuelos (C\u00f3rdoba) podes consultar a <a href=\"https:\/\/micolecoeduca.wordpress.com\/2015\/11\/14\/celebracion-del-25-n-en-infantil\/comment-page-1\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">proposta de actividades<\/a> que realizaron para o alumnado de infantil con motivo do 25N. Coa creaci\u00f3n de catro zonas de talleres simult\u00e1neos, abordaron conceptos como o bo trato, o consentimento e os estereotipos.<br \/>\n&#8211; EDUCACI\u00d3N PRIMARIA<br \/>\nO Goberno de Canarias tam\u00e9n desenvolveu unha<a href=\"https:\/\/www3.gobiernodecanarias.org\/medusa\/ecoescuela\/igualdad\/?p=2210\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"> Gu\u00eda did\u00e1ctica<\/a> con distintos recursos para traballar a igualdade de x\u00e9nero e sensibilizar sobre a violencia contra as mulleres. As s\u00faas propostas est\u00e1n separadas por niveis educativos e incl\u00faen unha estimaci\u00f3n da duraci\u00f3n da actividade. A primeira parte da gu\u00eda ofrece materiais m\u00e1is sinxelos destinados a alumnado de infantil e do primeiro ciclo de primaria, para logo ir aumentando a complexidade dos conceptos tratados enfoc\u00e1ndose no alumnado dos cursos superiores. As ideas son moi diversas: desde preguntas, lecturas e xogos ata v\u00eddeos e glosarios.<br \/>\n&#8211; EDUCACI\u00d3N SECUNDARIA<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" class=\"aligncenter wp-image-17511\" src=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/25N_GADIS-8-300x157.png\" alt=\"\" width=\"350\" height=\"183\" srcset=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/25N_GADIS-8-300x157.png 300w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/25N_GADIS-8-1024x535.png 1024w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/25N_GADIS-8-768x401.png 768w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/25N_GADIS-8.png 1200w\" sizes=\"(max-width: 350px) 100vw, 350px\" \/><\/p>\n<p>O Goberno de Arag\u00f3n tam\u00e9n compartiu unha serie de <a href=\"https:\/\/educa.aragon.es\/-\/25n\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">recursos para concienciar sobre a igualdade de x\u00e9nero e combater a violencia contra as mulleres<\/a>. Desde talleres de rap creativo impartidos en centros ou un <a href=\"https:\/\/equitrivia.educa.aragon.es\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Equitrivia<\/a> ata <a href=\"https:\/\/carei.es\/igualdad-de-genero\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">unidades did\u00e1cticas<\/a> que pretenden ser unha ferramenta \u00fatil para todo o profesorado da ESO que queira colaborar na construci\u00f3n dunha sociedade baseada no respecto e a igualdade de dereitos e oportunidades.<br \/>\nEn Navarra, o sindicato Steilas desenvolveu <a href=\"https:\/\/issuu.com\/stee-eilas\/docs\/unitatedidaktikoa_steilas_2019_cas_03__1_?utm_medium=referral&amp;utm_source=steilas.eus\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">unha unidade did\u00e1ctica para ESO e Bacharelato titulada Desenmascarando a violencia<\/a>. O seu obxectivo \u00e9 contribu\u00edr a identificar as violencias que suceden nos centros e proporcionar estratexias para poder responder a elas de maneira colectiva.<br \/>\nE ti? Vaste unir a esta campa\u00f1a? C\u00f3ntanos!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Quedan uns d\u00edas para a celebraci\u00f3n do 25 de novembro, o D\u00eda Internacional para a Eliminaci\u00f3n da Violencia contra a Muller, un tema moi importante para Gadis co que levamos varios anos solidariz\u00e1ndonos a trav\u00e9s da participaci\u00f3n en iniciativas que traballan para a s\u00faa erradicaci\u00f3n. Por desgraza, a violencia contra as mulleres e as nenas [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":17507,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[422,768],"tags":[],"class_list":["post-17518","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-actualidad-2","category-migracion-gallego"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17518","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=17518"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17518\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":17827,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17518\/revisions\/17827"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/media\/17507"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=17518"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=17518"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=17518"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}