{"id":17274,"date":"2023-08-10T08:54:41","date_gmt":"2023-08-10T08:54:41","guid":{"rendered":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/?p=17274"},"modified":"2023-08-10T09:17:10","modified_gmt":"2023-08-10T09:17:10","slug":"consellos-para-facer-a-compra-no-veran-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/consellos-para-facer-a-compra-no-veran-2\/","title":{"rendered":"Consellos para facer a compra no ver\u00e1n"},"content":{"rendered":"<p>As temperaturas estivais e o cambio de rutinas supo\u00f1en un reto <strong>para a organizaci\u00f3n da despensa e da lista da compra<\/strong>. Nesta \u00e9poca do ano, o risco de que se estraguen os alimentos \u00e9 maior e \u00e9 importante <strong>planificar os men\u00fas, organizar a compra e almacenar correctamente os alimentos<\/strong>. Sab\u00edas que o desperdicio alimentario aumenta no ver\u00e1n? De acordo cos <a href=\"https:\/\/www.mapa.gob.es\/es\/prensa\/ultimas-noticias\/el-ministerio-de-agricultura-pesca-y-alimentaci%C3%B3n-llama-a-evitar-el-desperdicio-de-alimentos-que-tiende-a-aumentar-en-verano\/tcm:30-572955#:~:text=Los%20meses%20de%20verano%20registran,favor%20de%20un%20consumo%20responsable.\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">datos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentaci\u00f3n<\/a>, durante estes meses, obs\u00e9rvase unha tendencia ao incremento de desperdicio de alimentos en 3 de cada 4 fogares espa\u00f1ois e t\u00edrase ao lixo un 35,8 % m\u00e1is de pratos coci\u00f1ados que no outono e inverno. As vacaci\u00f3ns e o maior tempo de lecer complican a xesti\u00f3n dos alimentos. Por iso, hai que tomar m\u00e1is precauci\u00f3ns para conservar ben a comida e evitar tirala. En <a href=\"https:\/\/www.gadis.es\/\">Gadis<\/a> queremos axudarche con alg\u00fans <strong>consellos para facer a compra no ver\u00e1n<\/strong> e tam\u00e9n para que os produtos non se estraguen nas semanas m\u00e1is calorosas. Segue lendo!<\/p>\n<h3><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\" wp-image-17264 aligncenter\" src=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/COMPRA-VERANO_GADIS-2-240x300.jpg\" alt=\"\" width=\"280\" height=\"350\" srcset=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/COMPRA-VERANO_GADIS-2-240x300.jpg 240w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/COMPRA-VERANO_GADIS-2-819x1024.jpg 819w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/COMPRA-VERANO_GADIS-2-768x960.jpg 768w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/COMPRA-VERANO_GADIS-2-1229x1536.jpg 1229w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/COMPRA-VERANO_GADIS-2-1638x2048.jpg 1638w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/COMPRA-VERANO_GADIS-2-scaled.jpg 2048w\" sizes=\"(max-width: 280px) 100vw, 280px\" \/><\/h3>\n<h3>\nO desperdicio alimentario<\/h3>\n<p>O <a href=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/desperdicio-alimentario-del-conocimiento-la-accion\/\">desperdicio alimentario<\/a> \u00e9 un problema global que se produce en todas as estaci\u00f3ns do ano, pero que aumenta no ver\u00e1n. Ademais do impacto econ\u00f3mico que sup\u00f3n, tam\u00e9n ten consecuencias ambientais. Segundo as estimaci\u00f3ns da ONU, est\u00e1 asociadas entre o 8% e o 10% das emisi\u00f3ns mundiais de gases de efecto invernadoiro. En Espa\u00f1a,<a href=\"https:\/\/www.mapa.gob.es\/es\/alimentacion\/temas\/desperdicio\/07052022_desperdicio_alimentario_2021_v2_tcm30-626538.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"> a taxa de desperdicio \u00e9 do 3,8%<\/a>, \u00e9 dicir, ese \u00e9 a porcentaxe de alimentos e bebidas que se rexeita do total que se compran para o seu consumo dentro e f\u00f3ra dos fogares. \u00c1 espera da aprobaci\u00f3n definitiva e a entrada en vigor da <a href=\"https:\/\/www.congreso.es\/public_oficiales\/L14\/CONG\/BOCG\/A\/BOCG-14-A-107-6.PDF\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Lei de Prevenci\u00f3n das Perdas e o Desperdicio Alimentario<\/a>, hai que tomar conciencia de que os fogares te\u00f1en unha gran responsabilidade e que pequenas modificaci\u00f3ns nos nosos h\u00e1bitos poden axudar a combatelo. Que mellor momento para po\u00f1elo en pr\u00e1ctica que este ver\u00e1n?!<\/p>\n<h3>\nConsellos para facer a compra no ver\u00e1n<\/h3>\n<p>Unha das <strong>principais fontes do desperdicio estival<\/strong> \u00e9 que non regulamos e calculamos ben <strong>as cantidades<\/strong>. Moitas veces, seguimos mantendo as mesmas rutinas de compra que no inverno e os alimentos estr\u00e1ganse antes de que os consumamos. Por unha banda, x\u00f3rdennos m\u00e1is plans improvisados e escapadas de \u00faltima hora. Por outra banda, os cambios de h\u00e1bitos non se reflicten na compra e non axustamos as cantidades de alimentos frescos que metemos na cesta \u00e1s circunstancias. Entre esa pequena desorganizaci\u00f3n e calquera descoido que deixe f\u00f3ra da neveira alg\u00fan produto, o desperdicio disp\u00e1rase. Ademais, os pratos estivais adoitan ser m\u00e1is frescos e, en consecuencia, m\u00e1is dif\u00edciles de conservar. Por exemplo, unha ensalada non pode gardarse na neveira para o d\u00eda seguinte. Aqu\u00ed tes os nosos consellos para a t\u00faa compra estival:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" class=\" wp-image-17270 aligncenter\" src=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/COMPRA-VERANO_GADIS-11-300x200.jpg\" alt=\"\" width=\"354\" height=\"236\" srcset=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/COMPRA-VERANO_GADIS-11-300x200.jpg 300w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/COMPRA-VERANO_GADIS-11-1024x683.jpg 1024w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/COMPRA-VERANO_GADIS-11-768x512.jpg 768w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/COMPRA-VERANO_GADIS-11-1536x1024.jpg 1536w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/COMPRA-VERANO_GADIS-11-2048x1365.jpg 2048w\" sizes=\"(max-width: 354px) 100vw, 354px\" \/><\/p>\n<p>Antes de ir \u00e1 compra<br \/>\n&#8211; <strong>Revisa a neveira<\/strong> antes de elaborar a lista da compra para axustar as cantidades \u00e1s necesidades reais.<br \/>\n&#8211; <strong>Ten en conta os posibles plans<\/strong> que poden xurdir para evitar comprar produtos que non vas ter tempo de consumir.<br \/>\n&#8211; <strong>Planifica os men\u00fas<\/strong> para non comprar m\u00e1is do que vas utilizar.<br \/>\n&#8211; Non vaias \u00e1 compra nas horas centrais do d\u00eda, cando fai m\u00e1is calor, porque ser\u00e1 m\u00e1is complicado manter a cadea de fr\u00edo.<br \/>\n&#8211; Leva<strong> bolsas isot\u00e9rmicas<\/strong> para gardar os alimentos conxelados e refrixerados.<br \/>\nNo supermercado<br \/>\n&#8211; Fai <strong>compras m\u00e1is pequenas<\/strong>. \u00c9 mellor ter que volver visitarnos que tirar algo ao lixo \ud83d\ude09.<br \/>\n&#8211; Mete primeiro na cesta ou no carro os produtos non refrixerados, despois os frescos e, por \u00faltimo, os conxelados. Esa \u00e9 a maneira de non romper a <strong>cadea de fr\u00edo<\/strong>.<br \/>\n&#8211; Le as etiquetas e f\u00edxate na <strong>data de consumo<\/strong> antes de meter o produto na cesta.<br \/>\n&#8211; Compra <a href=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/calendario-saludable\/\">produtos de tempada<\/a> e intenta consumilos por orde de compra.<br \/>\n&#8211; Non compres froita demasiado madura se non vas consumila de inmediato.<br \/>\n&#8211; Ten en conta que os a<strong>limentos m\u00e1is vulnerables<\/strong> no ver\u00e1n son os ovos, a carne, o peixe e o marisco. Axusta as cantidades ao m\u00e1ximo e extrema o coidado das condici\u00f3ns de conservaci\u00f3n.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" class=\" wp-image-17265 aligncenter\" src=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/COMPRA-VERANO_GADIS-3-300x208.jpg\" alt=\"\" width=\"352\" height=\"244\" srcset=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/COMPRA-VERANO_GADIS-3-300x208.jpg 300w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/COMPRA-VERANO_GADIS-3-1024x712.jpg 1024w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/COMPRA-VERANO_GADIS-3-768x534.jpg 768w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/COMPRA-VERANO_GADIS-3-1536x1067.jpg 1536w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/COMPRA-VERANO_GADIS-3-2048x1423.jpg 2048w\" sizes=\"(max-width: 352px) 100vw, 352px\" \/><\/p>\n<p>Ao volver da compra<br \/>\n&#8211; Extrema a <strong>limpeza<\/strong> e a hixiene na coci\u00f1a para evitar a contaminaci\u00f3n cruzada e a proliferaci\u00f3n de microorganismos.<br \/>\n&#8211; <strong>Non sobrecargues a neveira<\/strong>.<br \/>\n&#8211; Mant\u00e9n <strong>a temperatura da neveira<\/strong> a 5 \u00baC ou menos para evitar o crecemento de microorganismos.<br \/>\n&#8211; <strong>Ordena a t\u00faa neveira<\/strong>. As <a href=\"https:\/\/www.aesan.gob.es\/AECOSAN\/docs\/documentos\/para_consumidor\/nevera.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">recomendaci\u00f3ns<\/a> suxiren esta colocaci\u00f3n de arriba a abaixo:<br \/>\n&#8211; Alimentos coci\u00f1ados ou listos para o consumo.<br \/>\n&#8211; Carne e peixe cru.<br \/>\n&#8211; Froitas e verduras (caix\u00f3n).<br \/>\n&#8211; Ao chegar do supermercado, coloca primeiro os alimentos que vaian ao conxelador e despois os da neveira.<br \/>\n&#8211; Coloca ao fondo os alimentos que tardan m\u00e1is tempo en caducar e diante aqueles que te\u00f1an unha data de consumo preferente m\u00e1is pr\u00f3xima para que estean \u00e1 vista.<br \/>\n&#8211; Revisa a neveira con frecuencia para evitar que se estrague alg\u00fan produto que non est\u00e1 tan \u00e1 vista.<br \/>\n&#8211; Conxela calquera alimento se non o vas consumir pronto. Se o alimento est\u00e1 coci\u00f1ado, faino canto antes e etiqueta o recipiente coa data.<br \/>\n&#8211; Almacena os alimentos en recipientes pechados, separando os crus dos coci\u00f1ados.<br \/>\n&#8211; Non utilices os mesmos utensilios (coitelos, t\u00e1boas de cortar\u2026) para alimentos crus e para alimentos xa coci\u00f1ados.<br \/>\n&#8211; Non desconxeles os alimentos a temperatura ambiente, sen\u00f3n na parte baixa do frigor\u00edfico.<br \/>\n&#8211; Lava as froitas e as hortalizas ben, sobre todo se as vas comer cr\u00faas.<br \/>\n&#8211; Ao coci\u00f1ar, aseg\u00farate de que os alimentos non queden crus no seu interior, especialmente a carne, os ovos e o peixe.<br \/>\nE ti? Tes alg\u00fan truco para facer a compra no ver\u00e1n? C\u00f3ntanos!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As temperaturas estivais e o cambio de rutinas supo\u00f1en un reto para a organizaci\u00f3n da despensa e da lista da compra. Nesta \u00e9poca do ano, o risco de que se estraguen os alimentos \u00e9 maior e \u00e9 importante planificar os men\u00fas, organizar a compra e almacenar correctamente os alimentos. Sab\u00edas que o desperdicio alimentario aumenta [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":17264,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[422],"tags":[],"class_list":["post-17274","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-actualidad-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17274","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=17274"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17274\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":17275,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17274\/revisions\/17275"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/media\/17264"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=17274"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=17274"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=17274"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}