{"id":17060,"date":"2023-06-29T07:16:56","date_gmt":"2023-06-29T07:16:56","guid":{"rendered":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/?p=17060"},"modified":"2023-06-29T07:41:26","modified_gmt":"2023-06-29T07:41:26","slug":"alimentes-dixital-balance-da-terceira-edicion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/alimentes-dixital-balance-da-terceira-edicion\/","title":{"rendered":"Alimentes Dixital: balance da terceira edici\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p>O pasado 31 de maio botamos o peche \u00e1 <a href=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/alimentes-digital-nueva-edicion-educando-por-la-sostenibilidad\/\">terceira edici\u00f3n de Alimentes Dixital<\/a>, a <a href=\"https:\/\/alimentes.gadis.es\/home\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">plataforma formativa de Gadis que fomenta a educaci\u00f3n pola sustentabilidade<\/a>. Como sempre ao final de curso, toca facer balance. Se o ano pasado a participaci\u00f3n superou as nosas expectativas, este ano mellorou mesmo os progn\u00f3sticos m\u00e1is optimistas! Durante os meses previos ao lanzamento desta edici\u00f3n, traballamos intensamente para inclu\u00edr unha serie de melloras que nos permitiron ofrecer un <strong>recurso did\u00e1ctico<\/strong> a\u00ednda m\u00e1is completo, as\u00ed como recuperar as<strong> visitas aos supermercados<\/strong> que se aprazaran coa pandemia. A resposta por parte dos centros e o profesorado corrobora que <strong>Alimentes Dixital se consolidou como unha ferramenta de utilidade<\/strong> entre as comunidades educativas de Galicia e Castela e Le\u00f3n. O\u00edches falar deste programa? Hoxe cont\u00e1mosche todos os detalles.<\/p>\n<h3><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\" wp-image-17055 aligncenter\" src=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/BALANCE-ALIMENTES_GADIS-6-300x133.jpg\" alt=\"\" width=\"347\" height=\"154\" srcset=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/BALANCE-ALIMENTES_GADIS-6-300x133.jpg 300w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/BALANCE-ALIMENTES_GADIS-6-1024x455.jpg 1024w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/BALANCE-ALIMENTES_GADIS-6-768x341.jpg 768w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/BALANCE-ALIMENTES_GADIS-6.jpg 1126w\" sizes=\"(max-width: 347px) 100vw, 347px\" \/><\/h3>\n<h3>Alimentes Dixital<\/h3>\n<p>A nosa experiencia ao fronte de Alimentes, o <strong>programa educativo de Gadis<\/strong> orientado ao profesorado de segundo ciclo de infantil e aos tres niveles de educaci\u00f3n primaria, foi a semente que permitiu a<strong> creaci\u00f3n de Alimentes Dixital<\/strong>. Do mesmo xeito que o seu predecesor, a plataforma est\u00e1 baseada en <strong>catro piares fundamentais para unha vida sostible<\/strong>: alimentaci\u00f3n saudable, consumo responsable, actividade f\u00edsica e reduci\u00f3n do desperdicio alimentario. Ademais, na versi\u00f3n electr\u00f3nica, engadiuse un apartado adicional, o de <strong>desenvolvemento local e produci\u00f3n sostible<\/strong>. A plataforma \u00e9 un recurso m\u00e1is do programa existente, que xa po\u00f1\u00eda ao dispor dos docentes manuais e fichas que se pod\u00edan descargarse na web <a href=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/gadisescuela\/\">#Gadisescuela<\/a>.<br \/>\nOs desaf\u00edos actuais asociados \u00e1 educaci\u00f3n lev\u00e1ronnos a ofrecer un <strong>novo mecanismo formativo<\/strong> ao profesorado e ao alumnado de Galicia e Castela e Le\u00f3n. Co obxectivo de seguir a potenciar os h\u00e1bitos sostibles a trav\u00e9s da <strong>cadea dos alimentos<\/strong> e mantendo os catro eixos para unha vida sostible de maneira transversal, <strong>Alimentes Dixital<\/strong> \u00e9 unha <strong>plataforma en li\u00f1a que conta con 11 unidades did\u00e1cticas dedicadas a cada un dos pasos da cadea de alimentos e \u00e1 xesti\u00f3n de residuos.<\/strong> Todas elas est\u00e1n adaptadas ao curr\u00edculo oficial de educaci\u00f3n infantil e de educaci\u00f3n primaria de Galicia e de Castela e Le\u00f3n. As unidades est\u00e1n separadas por niveis educativos distribu\u00eddos en cinco bloques: primeiro ciclo de infantil, segundo ciclo de infantil, 1\u00ba e 2\u00ba de primaria, 3\u00ba e 4\u00ba de primaria, e 5\u00ba e 6\u00ba de primaria. Emp\u00e9zase o percorrido na lonxa e s\u00e9guese aos produtos polas diferentes fases ata que chegan aos fogares e se xestionan os residuos producidos. Aborda, de maneira amena, distintos aspectos da cadea de alimentos e temas educativos, principalmente relacionados con ciencias naturais e ciencias sociais, as\u00ed como elementos directamente vinculados coa sustentabilidade.<br \/>\nEn cada edici\u00f3n incorporamos melloras a partir das suxesti\u00f3ns realizadas polos docentes que participan no programa. O ano pasado, por exemplo, desenvolv\u00e9ronse actividades para poder traballar tam\u00e9n con nenos e nenas do primeiro ciclo de educaci\u00f3n infantil, dobr\u00e1ronse todos os v\u00eddeos a galego e creouse o xogo do Prato Alimentes. Nesta edici\u00f3n, engadiuse a unidade did\u00e1ctica sobre xesti\u00f3n de residuos, ampliouse a proposta de actividades e incorpor\u00e1ronse novas secci\u00f3ns para mellorar a experiencia.<br \/>\nO que non cambia \u00e9 que participar e completar as unidades<strong> ten premio<\/strong>! Entre os grupos que terminan o programa ao longo da edici\u00f3n, establ\u00e9cese unha clasificaci\u00f3n mensual. Todo o alumnado cuxo docente realiza a solicitude ao terminar a \u00faltima unidade did\u00e1ctica recibe o seu propio kit do <a href=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/plato-alimentes-el-menu-saludable\/\">PRATO ALIMENTES. O Men\u00fa Saudable.<\/a> E non s\u00f3 iso! Tam\u00e9n se realiza un <strong>sorteo de 5 packs de tablets<\/strong> entre todos os centros de Galicia e Castela e Le\u00f3n que completan o programa, tres para colexios galegos e dous para centros castellanoleoneses.<\/p>\n<h3><img decoding=\"async\" class=\" wp-image-17054 aligncenter\" src=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/BALANCE-ALIMENTES_GADIS-5-300x218.png\" alt=\"\" width=\"351\" height=\"255\" srcset=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/BALANCE-ALIMENTES_GADIS-5-300x218.png 300w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/BALANCE-ALIMENTES_GADIS-5-1024x744.png 1024w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/BALANCE-ALIMENTES_GADIS-5-768x558.png 768w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/BALANCE-ALIMENTES_GADIS-5-1536x1116.png 1536w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/BALANCE-ALIMENTES_GADIS-5-2048x1488.png 2048w\" sizes=\"(max-width: 351px) 100vw, 351px\" \/><\/h3>\n<h3>Terceira edici\u00f3n de Alimentes Dixital<\/h3>\n<p>A participaci\u00f3n en Alimentes Dixital foi crecendo con cada edici\u00f3n. Na <strong>primeira<\/strong>, participaron 9.589 escolares das d\u00faas autonom\u00edas. Durante a <strong>segunda<\/strong>, case se duplicou esa cifra con <strong>16.881 nenos e nenas<\/strong>. <strong>Esta edici\u00f3n<\/strong>, finalizaron o programa <strong>22.860 alumnas e alumnos<\/strong>, dos cales <strong>m\u00e1is de 12.000 visitaron algunha das nosas tendas<\/strong>. O alumnado participante distrib\u00faese da seguinte maneira por nivel educativo:<br \/>\n&#8211; 8.118 alumnos e alumnas de educaci\u00f3n infantil<br \/>\n&#8211; 5.983 alumnos e alumnas de 1\u00ba y 2\u00ba de primaria<br \/>\n&#8211; 5.422 alumnos e alumnas de 3\u00ba y 4\u00ba de primaria<br \/>\n&#8211; 3.337 alumnos e alumnas de 5\u00ba y 6\u00ba de primaria<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" class=\" wp-image-17056 aligncenter\" src=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/BALANCE-ALIMENTES_GADIS-7-200x300.jpg\" alt=\"\" width=\"234\" height=\"351\" srcset=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/BALANCE-ALIMENTES_GADIS-7-200x300.jpg 200w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/BALANCE-ALIMENTES_GADIS-7.jpg 334w\" sizes=\"(max-width: 234px) 100vw, 234px\" \/><\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, <strong>1.213 docentes<\/strong> guiaron ao alumnado ata completar as once unidades did\u00e1cticas propostas. Cabe destacar que, do total do alumnado participante no programa, 377 nenos e nenas eran de educaci\u00f3n especial. En total, enviamos <strong>24.465 kits Pratos ALIMENTES<\/strong> para reco\u00f1ecer o traballo realizado tanto polo alumnado como polo profesorado, 14.434 destinados a centros educativos galegos e 10.031 a centros castel\u00e1n leoneses. Todos eles te\u00f1en xa a nosa gu\u00eda visual para planificar as s\u00faas comidas de maneira saudable e tam\u00e9n suxesti\u00f3ns de receitas que van inclu\u00eddas no agasallo.<br \/>\nXa estamos a pensar nas melloras para o pr\u00f3ximo curso! Gustar\u00edache participar na pr\u00f3xima edici\u00f3n de Alimentes Dixital? Non nos perdas a pista! Seguiremos informando.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O pasado 31 de maio botamos o peche \u00e1 terceira edici\u00f3n de Alimentes Dixital, a plataforma formativa de Gadis que fomenta a educaci\u00f3n pola sustentabilidade. Como sempre ao final de curso, toca facer balance. Se o ano pasado a participaci\u00f3n superou as nosas expectativas, este ano mellorou mesmo os progn\u00f3sticos m\u00e1is optimistas! Durante os meses [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":17052,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[422],"tags":[],"class_list":["post-17060","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-actualidad-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17060","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=17060"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17060\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":17063,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17060\/revisions\/17063"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/media\/17052"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=17060"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=17060"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=17060"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}