{"id":16411,"date":"2022-12-23T07:47:41","date_gmt":"2022-12-23T07:47:41","guid":{"rendered":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/?p=16411"},"modified":"2025-09-30T08:58:18","modified_gmt":"2025-09-30T08:58:18","slug":"receitas-saudables-e-do-nadal-para-preparar-en-familia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/receitas-saudables-e-do-nadal-para-preparar-en-familia\/","title":{"rendered":"Receitas saudables e do Nadal para preparar en familia"},"content":{"rendered":"<p>A comida \u00e9 unha das grandes protagonistas destas datas e \u00e9 importante que os m\u00e1is pequenos da casa se sintan integrados e poidan participar na planificaci\u00f3n das propostas culinarias, non che parece? O Nadal \u00e9 un bo momento para compartir tradici\u00f3ns porque, ao final, o padal \u00e9 tam\u00e9n unha boa fonte de recordos. Quen non ten sabores que lle trasladan directamente \u00e1 infancia? Hoxe queremos propo\u00f1erche algunhas <strong>receitas saudables e do Nadal para preparar en familia<\/strong>. Quiz\u00e1 poidas introducir algunha nos teus men\u00fas destes d\u00edas para lograr que os teus fillos e fillas sintan que o seu papel dentro das celebraci\u00f3ns alcanzou un novo nivel e, quen sabe?, poida que establezas un novo costume na familia \ud83d\ude09. An\u00edmaste a probar? Segue lendo!<\/p>\n<h3><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\" wp-image-16409 aligncenter\" src=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/RECETAS-PEQUES_GADIS-6-1-300x200.jpg\" alt=\"\" width=\"350\" height=\"233\" srcset=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/RECETAS-PEQUES_GADIS-6-1-300x200.jpg 300w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/RECETAS-PEQUES_GADIS-6-1-1024x684.jpg 1024w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/RECETAS-PEQUES_GADIS-6-1-768x513.jpg 768w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/RECETAS-PEQUES_GADIS-6-1-1536x1025.jpg 1536w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/RECETAS-PEQUES_GADIS-6-1-2048x1367.jpg 2048w\" sizes=\"(max-width: 350px) 100vw, 350px\" \/><\/h3>\n<h3>Receitas saudables e do Nadal para preparar en familia<\/h3>\n<p>Saudable e Nadal parece que dificilmente encaixan na mesma frase, pero ver\u00e1s que non \u00e9 un reto inalcanzable. Ademais, non s\u00f3 se trata da nosa sa\u00fade, sen\u00f3n tam\u00e9n da do planeta. En <a href=\"https:\/\/www.gadis.es\/\">Gadis<\/a> mantemos unha aposta firme pola sustentabilidade e polo consumo de <a href=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/calendario-de-temporada\/\">produtos locais e de tempada<\/a>, e iso non pod\u00eda cambiar nestas propostas. Por iso, as nosas suxesti\u00f3ns incl\u00faen froita e verdura que agora atopar\u00e1s no seu punto \u00f3ptimo de maduraci\u00f3n na nosa secci\u00f3n de froita e verdura para que os teus pratos te\u00f1an un sabor que enamore aos teus comensais. De todos os xeitos, isto non quere dicir que non poidas facer algunha concesi\u00f3n. As festas son momentos excepcionais nos que podes introducir alg\u00fan capricho que adoce o momento. Estas son as nosas propostas, que pretenden ser moi sinxelas para que os nenos e as nenas poidan ter un papel m\u00e1is importante que o de pinche \ud83d\ude09.<\/p>\n<h3>Espetos de langostino e mango<\/h3>\n<p><img decoding=\"async\" class=\" wp-image-16404 aligncenter\" src=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/RECETAS-PEQUES_GADIS-10-300x200.jpg\" alt=\"\" width=\"350\" height=\"233\" srcset=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/RECETAS-PEQUES_GADIS-10-300x200.jpg 300w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/RECETAS-PEQUES_GADIS-10-1024x683.jpg 1024w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/RECETAS-PEQUES_GADIS-10-768x512.jpg 768w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/RECETAS-PEQUES_GADIS-10-1536x1024.jpg 1536w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/RECETAS-PEQUES_GADIS-10-2048x1365.jpg 2048w\" sizes=\"(max-width: 350px) 100vw, 350px\" \/><\/p>\n<p>Ingredientes<br \/>\n&#8211; lagostinos pequenos cocidos (a cantidade depender\u00e1 do n\u00famero de comensais)<br \/>\n&#8211; 1 mango grande<br \/>\n&#8211; pement\u00f3n picante<br \/>\n&#8211; lim\u00f3n<br \/>\n&#8211; perexil picado<br \/>\n&#8211; pementa negra mo\u00edda<br \/>\nPreparaci\u00f3n<br \/>\n1. Espreme o zume dun lim\u00f3n e pono nun recipiente. Agrega o pement\u00f3n picante, a pementa negra mo\u00edda e perexil picado ao teu gusto. Mestura ben.<br \/>\n2. Pela os lagostinos e ponos dentro dese mesmo recipiente. Mestura co mollo de lim\u00f3n e as especias. Tapa con papel filme e deixa marinar en fr\u00edo durante polo menos catro horas.<br \/>\n3. Cando vaiades servir o aperitivo, pela o mango e c\u00f3rtao en cubos. Despois, pica nun pau de espetada un par de lagostinos e un cubito de mango. Se os lagostinos son moi grandes, usa s\u00f3 un por espetada.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h3>Pescada en salsa verde<\/h3>\n<p><img decoding=\"async\" class=\" wp-image-16402 aligncenter\" src=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/RECETAS-PEQUES_GADIS-3-225x300.jpg\" alt=\"\" width=\"261\" height=\"348\" srcset=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/RECETAS-PEQUES_GADIS-3-225x300.jpg 225w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/RECETAS-PEQUES_GADIS-3-768x1024.jpg 768w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/RECETAS-PEQUES_GADIS-3-1152x1536.jpg 1152w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/RECETAS-PEQUES_GADIS-3-1536x2048.jpg 1536w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/RECETAS-PEQUES_GADIS-3-scaled.jpg 1920w\" sizes=\"(max-width: 261px) 100vw, 261px\" \/><\/p>\n<p>Ingredientes<br \/>\n&#8211; pescada en toros<br \/>\n&#8211; 1 cebola<br \/>\n&#8211; 2 dentes de allo<br \/>\n&#8211; 100 ml vi\u00f1o branco<br \/>\n&#8211; 200 ml caldo de pescado ou fumet<br \/>\n&#8211; 10 g fari\u00f1a de trigo (opcional)<br \/>\n&#8211; aceite de oliva virxe extra<br \/>\n&#8211; sal<br \/>\n&#8211; perexil fresco<br \/>\n&#8211; 12 ameixas (opcional)<br \/>\nPreparaci\u00f3n<br \/>\n1. Pela e pica os dentes de allo e refoga nunha cazola baixa. Engade a cebola relada e sofrite a lume moi suave ata que estea ben pochada e transl\u00facida. Engade unha cullerada de fari\u00f1a (se queres espesar a salsa), remove ben e refoga durante un par de minutos.<br \/>\n2. Verte o vi\u00f1o branco e o caldo, remove para que non se formen grumos se engadiches a fari\u00f1a e deixa cocer durante dez minutos. Mentres tanto, pica un bo pu\u00f1ado de follas de perexil fresco e eng\u00e1deas \u00e1 cazola xunto cos toros de pescada, previamente salpimentadas, e as ameixas (se queres usalas).<br \/>\n3. Tapa a cazola, deixa cocer a lume medio durante cinco minutos e estar\u00e1 listo para servir.<\/p>\n<h3>Flan de compota de maz\u00e1<\/h3>\n<p>Ingredientes<br \/>\n&#8211; 2 maz\u00e1s<br \/>\n&#8211; 3 ovos<br \/>\n&#8211; 300 ml leite<br \/>\n&#8211; caramelo l\u00edquido<br \/>\n&#8211; 1 cullerada de az\u00facar<br \/>\n&#8211; 2 rebanadas de pan de molde (ou de biscoito)<br \/>\n&#8211; 30 g manteiga<\/p>\n<p>Preparaci\u00f3n<br \/>\n1. Pica as d\u00faas maz\u00e1s en dadi\u00f1os e dora nunha tixola coa manteiga e engadindo unha cullerada de azucre. O que se pretende \u00e9 que se caramelice lixeiramente e tome unha cor m\u00e1is intensa.<br \/>\n2. Bate os ovos, engade as sobras de biscoito ou d\u00faas rebanadas de pan de molde e o leite. Mestura ben e incorpora a maz\u00e1, removendo para que quede todo ben repartido.<br \/>\n3. Nun molde de flan, cobre o fondo con caramelo l\u00edquido e verte a mestura. Despois tes que coci\u00f1alo no forno ao ba\u00f1o mar\u00eda durante uns 40 minutos, comprobando cunha espetada que estea ben callado antes de retiralo.<br \/>\n4. Deixa arrefriar o flan dentro do molde antes de desmoldar para que se asente ben. M\u00e9teo na neveira polo menos 4 horas e despois xa podes servilo.<\/p>\n<h3>E de premio para os pequenos: crema r\u00e1pida de chocolate sen azucre<\/h3>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\" wp-image-16406 aligncenter\" src=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/RECETAS-PEQUES_GADIS-2-300x200.jpg\" alt=\"\" width=\"350\" height=\"233\" srcset=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/RECETAS-PEQUES_GADIS-2-300x200.jpg 300w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/RECETAS-PEQUES_GADIS-2-1024x683.jpg 1024w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/RECETAS-PEQUES_GADIS-2-768x513.jpg 768w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/RECETAS-PEQUES_GADIS-2-1536x1025.jpg 1536w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/RECETAS-PEQUES_GADIS-2-2048x1367.jpg 2048w\" sizes=\"(max-width: 350px) 100vw, 350px\" \/><\/p>\n<p>Ingredientes<br \/>\n&#8211; 300 g chocolate de cobertura sen azucre<br \/>\n&#8211; 350 g iogur grego<br \/>\n&#8211; 100 ml nata l\u00edquida<br \/>\n&#8211; Froitos vermellos<\/p>\n<p>Preparaci\u00f3n<br \/>\n1. Garda unha onza de chocolate para a decoraci\u00f3n da crema e parte o resto. Introd\u00faceo nun caci\u00f1o coa nata l\u00edquida. Quenta a lume suave, removendo para que se vaia derretindo.<br \/>\n2. Pasa a mestura a un recipiente amplo e fondo para que se tempere. Engade 300 gramos de iogur grego e bate cunhas baleas ata que estea ben mesturado. Reparte a crema en cuncos e garda na neveira polo menos d\u00faas horas.<br \/>\n3. Retira a crema da neveira 30 minutos antes de servir e deixa repousar a temperatura ambiente. Decora cunha cullerada de iogur, froitos vermellos ao gusto e un pouco de chocolate relado pola superficie.<\/p>\n<p>Que che parecen estas receitas para facer cos pequenos da casa? Felices festas!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A comida \u00e9 unha das grandes protagonistas destas datas e \u00e9 importante que os m\u00e1is pequenos da casa se sintan integrados e poidan participar na planificaci\u00f3n das propostas culinarias, non che parece? O Nadal \u00e9 un bo momento para compartir tradici\u00f3ns porque, ao final, o padal \u00e9 tam\u00e9n unha boa fonte de recordos. Quen non [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":16409,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[422,768],"tags":[],"class_list":["post-16411","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-actualidad-2","category-migracion-gallego"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16411","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16411"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16411\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":16413,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16411\/revisions\/16413"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16411"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16411"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16411"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}