{"id":16028,"date":"2022-09-07T10:18:07","date_gmt":"2022-09-07T10:18:07","guid":{"rendered":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/?p=16028"},"modified":"2022-09-07T11:52:30","modified_gmt":"2022-09-07T11:52:30","slug":"a-volta-ao-cole","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/a-volta-ao-cole\/","title":{"rendered":"A volta ao cole"},"content":{"rendered":"<p>Despois dun longo descanso estival, a conta atr\u00e1s terminou! Hoxe <strong>volven \u00e1s aulas<\/strong> os escolares galegos e ma\u00f1\u00e1 farano os de Castela e Le\u00f3n. As casas recobran ese ruxerruxe coti\u00e1n dos preparativos: libros, mochilas, materiais, tentemp\u00e9s\u2026 Comeza un curso no que se recuperar\u00e1n costumes que, sen d\u00fabida, achegar\u00e1n unha nova sensaci\u00f3n de normalidade, tras dous anos nos que a distancia de seguridade e outras restrici\u00f3ns marcaban os sa\u00fados postvacacionales.<br \/>\nEn <a href=\"https:\/\/www.gadis.es\/\">Gadis<\/a> tam\u00e9n emoci\u00f3nanos esta<strong> volta ao cole<\/strong>. Temos por diante moitos proxectos ilusionantes! Entre eles, unha nova edici\u00f3n de <a href=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/alimentes-digital-nueva-plataforma-formativa\/\">Alimentes Dixital<\/a>, a plataforma educativa en li\u00f1a coa que promovemos h\u00e1bitos para unha vida saudable e sostible entre o profesorado e o alumnado de Galicia e Castela e Le\u00f3n. Pero non queremos deixalo a\u00ed! Setembro \u00e9 un bo momento para reorganizarse e, por iso, queremos acompa\u00f1arche neste inicio de curso, compartindo contigo alg\u00fans <strong>tips de sostibilidade e de alimentaci\u00f3n<\/strong>. Comezamos?<\/p>\n<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\" wp-image-16026 aligncenter\" src=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/VUELTA-AL-COLE_GADIS-10-200x300.jpg\" alt=\"\" width=\"233\" height=\"350\" srcset=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/VUELTA-AL-COLE_GADIS-10-200x300.jpg 200w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/VUELTA-AL-COLE_GADIS-10-683x1024.jpg 683w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/VUELTA-AL-COLE_GADIS-10-768x1152.jpg 768w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/VUELTA-AL-COLE_GADIS-10-1024x1536.jpg 1024w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/VUELTA-AL-COLE_GADIS-10-1365x2048.jpg 1365w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/VUELTA-AL-COLE_GADIS-10-scaled.jpg 1707w\" sizes=\"(max-width: 233px) 100vw, 233px\" \/><\/p>\n<h3>Obxectivo: unha volta ao cole sostible e saudable<\/h3>\n<p>Non son poucas as persoas para as que o ano empeza en setembro. \u00c9 un mes de moitos inicios e no que proxectamos un novo curso. Tam\u00e9n \u00e9 un momento crucial para os nosos fillos e fillas, polo que pode supo\u00f1er un estr\u00e9s adicional para toda a familia. \u00c9 importante xestionar todas esas emoci\u00f3ns e organizarse para minimizar os seus efectos, non che parece? <strong>O primeiro paso \u00e9 recuperar rutinas<\/strong>. Propo\u00f1\u00e9mosche que aproveites este proceso para reestruturar h\u00e1bitos de forma que poidas mellorar a vosa dieta e reducir o impacto das vosas acci\u00f3ns na contorna. Isto tam\u00e9n ter\u00e1 un efecto positivo na parte emocional. Co\u00f1eces os nosos <a href=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/\">dec\u00e1logos para unha vida sostible e saudable<\/a>? Neles inclu\u00edmos algunhas m\u00e1ximas que podes aplicar:<br \/>\n&#8211; Consume unha <strong>gran variedade de alimentos<\/strong> para que a vosa dieta sexa equilibrada e conte\u00f1a os nutrientes necesarios.<br \/>\n&#8211; <strong>Prioriza os produtos frescos fronte aos procesados.<\/strong> Isto \u00e9 clave para os tentemp\u00e9s, que adoita ser a inxesta na que introducen m\u00e1is procesados.<br \/>\n&#8211; A hidrataci\u00f3n \u00e9 clave e <strong>a auga \u00e9 a mellor bebida<\/strong>.<br \/>\n&#8211; Limita o consumo de doces, refrescos e chucher\u00edas.<br \/>\n&#8211; Mant\u00e9n unha<strong> actividade f\u00edsica diaria<\/strong>.<br \/>\n&#8211; Dorme ben e suficiente.<br \/>\n&#8211; Ri, conversa, debate e aprende en comunidade. Aproveita o tempo compartido para combater o estr\u00e9s que xera este inicio de curso.<br \/>\n&#8211; Prioriza o consumo de <strong>alimentos locais e de tempada<\/strong>.<br \/>\n&#8211; Le as etiquetas dos produtos.<br \/>\n&#8211; Conxela ou aproveita os alimentos restantes. O <a href=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/desperdicio-alimentario-del-conocimiento-la-accion\/\">desperdicio alimentario<\/a> \u00e9 un grave problema.<br \/>\n&#8211; Almacena adecuadamente os alimentos para reducir o desperdicio.<br \/>\n&#8211; F\u00edxate no envoltorio dos produtos para reducir a xeraci\u00f3n de residuos.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" class=\" wp-image-16024 aligncenter\" src=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/VUELTA-AL-COLE_GADIS-4-300x225.jpg\" alt=\"\" width=\"352\" height=\"264\" srcset=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/VUELTA-AL-COLE_GADIS-4-300x225.jpg 300w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/VUELTA-AL-COLE_GADIS-4-1024x768.jpg 1024w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/VUELTA-AL-COLE_GADIS-4-768x576.jpg 768w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/VUELTA-AL-COLE_GADIS-4-1536x1152.jpg 1536w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/VUELTA-AL-COLE_GADIS-4-2048x1536.jpg 2048w\" sizes=\"(max-width: 352px) 100vw, 352px\" \/><\/p>\n<h3>Como conseguir o noso obxectivo?<\/h3>\n<p>A\u00ednda que non o creas, o reto parece m\u00e1is complicado do que \u00e9 en realidade. Pode conseguirse cun pouco de vontade e algo de organizaci\u00f3n. No caso da alimentaci\u00f3n, recomend\u00e1mosche que elabores <strong>men\u00fas semanais<\/strong> e prepares a <strong>lista da compra<\/strong> con antelaci\u00f3n para manter unha <strong>dieta variada e equilibrada e reducir ao m\u00e1ximo o desperdicio alimentario<\/strong>. Podes botar man do <a href=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/plato-alimentes-el-menu-saludable\/\">prato ALIMENTES. O men\u00fa saudable<\/a> (a nosa gu\u00eda visual para lograr que todas as t\u00faas comidas do d\u00eda sexan equilibradas) para planificar os men\u00fas e, se o tempo escasea, podes consultar algunhas das ideas de <a href=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/desayuno-con-el-plato-alimentes\/\">almorzos<\/a>, <a href=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/meriendas-con-fruta-de-temporada-y-el-plato-alimentes\/\">merendas<\/a>, <a href=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/cremas-de-verduras-con-el-plato-alimentes\/\">comidas<\/a> e <a href=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/cenas-de-verano-con-el-plato-alimentes\/\">ceas<\/a> que imos publicando no noso blog. Poder\u00e1s ir engadindo as t\u00faas propias propostas e ampliar, as\u00ed, o abanico de posibilidades, adapt\u00e1ndoas aos produtos de tempada.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" class=\" wp-image-16023 aligncenter\" src=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/VUELTA-AL-COLE_GADIS-3-300x214.jpg\" alt=\"\" width=\"350\" height=\"250\" srcset=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/VUELTA-AL-COLE_GADIS-3-300x214.jpg 300w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/VUELTA-AL-COLE_GADIS-3-1024x731.jpg 1024w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/VUELTA-AL-COLE_GADIS-3-768x549.jpg 768w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/VUELTA-AL-COLE_GADIS-3-1536x1097.jpg 1536w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/VUELTA-AL-COLE_GADIS-3-2048x1463.jpg 2048w\" sizes=\"(max-width: 350px) 100vw, 350px\" \/><\/p>\n<p>No que respecta \u00e1 <strong>volta ao cole das t\u00faas fillas e fillos<\/strong>, toca preparar roupa, calzado, libros e material sen perder de vista a responsabilidade. O noso tip? Antes de tomar calquera decisi\u00f3n, pensa nestas catro R\u2019s: <strong>reducir, reutilizar, reparar e reciclar<\/strong>. Aqu\u00ed deixamos algunhas claves:<br \/>\n&#8211; Revisa as <strong>necesidades reais<\/strong> para o novo curso escolar. \u00c9 probable que poidas reutilizar a mochila ou o estoxo do ano anterior, e mesmo parte da roupa ou alg\u00fan outro material. Pregunta tam\u00e9n a familia e amigos para aproveitar roupa e material que xa non utilicen. As\u00ed s\u00f3 renovar\u00e1s aquilo que sexa estritamente necesario, logrando un <strong>consumo responsable<\/strong>.<br \/>\n&#8211; Todos debemos concienciarnos da importancia de<strong> coidar as pertenzas<\/strong>. Conv\u00e9rtete en exemplo para que os m\u00e1is pequenos vaian aprendendo e asumindo as s\u00faas responsabilidades no coidado do planeta. Se algo se estraga, trata de reparalo con eles e elas antes de optar por comprar un novo. Ser\u00e1 unha forma de pasar tempo de calidade en familia.<br \/>\n&#8211; Se algo xa non se pode utilizar, ent\u00f3n tocar\u00e1 <strong>reciclar.<\/strong> Aseg\u00farache de depositar os residuos no contedor adecuado.<br \/>\n&#8211; Procura que as t\u00faas <strong>compras<\/strong> sexan <strong>sostibles<\/strong>, apostando por criterios de proximidade, de respecto polo medio ambiente e pola xustiza social. Confirma que os artigos incl\u00faen o marcaxe CE que garante o cumprimento dos requisitos de fabricaci\u00f3n e de seguridade esixidos pola Uni\u00f3n Europea.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\" wp-image-16025 aligncenter\" src=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/VUELTA-AL-COLE_GADIS-9-225x300.jpg\" alt=\"\" width=\"263\" height=\"351\" srcset=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/VUELTA-AL-COLE_GADIS-9-225x300.jpg 225w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/VUELTA-AL-COLE_GADIS-9-768x1024.jpg 768w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/VUELTA-AL-COLE_GADIS-9-1152x1536.jpg 1152w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/VUELTA-AL-COLE_GADIS-9-1536x2048.jpg 1536w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/VUELTA-AL-COLE_GADIS-9-scaled.jpg 1920w\" sizes=\"(max-width: 263px) 100vw, 263px\" \/><\/p>\n<p>Non esquezas que unha parte importante da volta ao cole \u00e9 gozar do proceso. A t\u00faa actitude marcar\u00e1 a forma na que as t\u00faas fillas e fillos afronten este novo curso. Non esquezas que tam\u00e9n podes reforzar a t\u00faa aposta pola sustentabilidade no traxecto ao cole. Ide andando ou botade man da bicicleta ou o patinete. Non che parece unha boa oportunidade para facer un pouco de exercicio? Feliz comezo de curso!<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Despois dun longo descanso estival, a conta atr\u00e1s terminou! Hoxe volven \u00e1s aulas os escolares galegos e ma\u00f1\u00e1 farano os de Castela e Le\u00f3n. As casas recobran ese ruxerruxe coti\u00e1n dos preparativos: libros, mochilas, materiais, tentemp\u00e9s\u2026 Comeza un curso no que se recuperar\u00e1n costumes que, sen d\u00fabida, achegar\u00e1n unha nova sensaci\u00f3n de normalidade, tras dous [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":16024,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[422,238],"tags":[],"class_list":["post-16028","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-actualidad-2","category-consellos-de-saude"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16028","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16028"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16028\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":16031,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16028\/revisions\/16031"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/media\/16024"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16028"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16028"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16028"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}