{"id":14433,"date":"2020-01-10T11:55:06","date_gmt":"2020-01-10T11:55:06","guid":{"rendered":"https:\/\/gadis.es\/saludable\/?p=14433"},"modified":"2022-07-27T12:02:41","modified_gmt":"2022-07-27T12:02:41","slug":"alimentes-2020-nuevas-fichas-para-primaria-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/alimentes-2020-nuevas-fichas-para-primaria-2\/","title":{"rendered":"ALIMENTES 2020: nuevas fichas para primaria"},"content":{"rendered":"\r\n<p>Tras os excesos do Nadal chega o momento de volver ao traballo e ao cole \ud83d\ude0a<br \/>Aos poucos toda a familia vai recuperando a rutina cos horarios, as comidas e as actividades extraescolares. Desde <a href=\"http:\/\/www.gadis.es\/\">Gadis<\/a> \u00e9 un dos momentos do ano m\u00e1is especiais xa que, entre outras actividades, po\u00f1emos en marcha <strong>ALIMENTES as visitas escolares a supermercados Gadis<\/strong>. Ao longo do ano m\u00e1is de 8.000 alumnos e alumnas vis\u00edtannos co obxectivo de aprender sobre alimentaci\u00f3n saudable, actividade f\u00edsica, consumo responsable e desperdicio alimentario. Ademais, este ano inici\u00e1molo con <strong>fichas renovadas para o alumnado de primaria.<\/strong> Queres saber m\u00e1is de Alimentes e os seus materiais? \ud83d\udc47<\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<h3 class=\"wp-block-heading\">Alimentes: visitas escolares a supermercados Gadis<\/h3>\r\n\r\n\r\n\r\n<p>En Gadis temos un forte <strong>compromiso coa sustentabilidade<\/strong> e con ofrecer aos nosos grupos de interese a m\u00e1xima<strong> informaci\u00f3n sobre como manter h\u00e1bitos de vida saudable<\/strong>, entre os que inclu\u00edmos unha correcta alimentaci\u00f3n. Proba diso son as m\u00faltiples opci\u00f3ns que ofrecemos aos nosos clientes: produtos locais e de tempada, acordos beneficiosos para m\u00e1is de 900 provedores locais e unha infinidade de acci\u00f3ns para promover h\u00e1bitos sustentables. Entre elas, podemos destacar o <strong>tr\u00e1iler de Alimentaci\u00f3n Saudable e Consumo Responsable<\/strong>, unha exposici\u00f3n que durante tres meses ao ano percorre as principais cidades de Galicia e Castela e Le\u00f3n co fin de divulgar de forma amena aspectos relacionados coa sustentabilidade para o planeta e para n\u00f3s mesmos. Ademais, tam\u00e9n <strong>colaboramos con centos de asociaci\u00f3ns e colectivos<\/strong> en carreiras populares, eventos de coci\u00f1a, talleres nutricionais, etc. Estamos seguros de nos atopastes nalgunha destas actividades.<br \/>Pero sen d\u00fabida una das actividades que m\u00e1is nos emociona \u00e9 <a href=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/visitas-escolares-2019\/\">Alimentes, as visitas escolares aos supermercados Gadis<\/a>. \u00c9 unha actividade que nos emociona porque de xaneiro a xu\u00f1o recibimos a m\u00e1is de 8.000 escolares nos nosos supermercados e iso sup\u00f3n un orgullo para todos os compa\u00f1eiros e as compa\u00f1eiras. A infancia \u00e9 unha das etapas da vida m\u00e1is cheas de ilusi\u00f3n e de creatividade e fainos moi felices poder mostrarlles aos escolares de Galicia e Castela e Le\u00f3n como entendemos a alimentaci\u00f3n saudable e o consumo responsable desde o coraz\u00f3n da nosa actividade. Levamos m\u00e1is de 15 anos realizando visitas escolares cun programa completo de materiais did\u00e1cticos para os profesores e os alumnos, pero seguimos innovando, e este ano, ofrecemos novas fichas para primaria. Imos co\u00f1ecelas m\u00e1is!<\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<h3 class=\"wp-block-heading\">Fichas de traballo das visitas Alimentes<\/h3>\r\n\r\n\r\n\r\n<figure class=\"wp-block-image aligncenter\"><img decoding=\"async\" width=\"150\" height=\"300\" class=\"wp-image-10407\" src=\"https:\/\/gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2020\/01\/VISITAS-ALIMENTES-GADIS-1o-1-150x300.png\" alt=\"\" srcset=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2020\/01\/VISITAS-ALIMENTES-GADIS-1o-1-150x300.png 150w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2020\/01\/VISITAS-ALIMENTES-GADIS-1o-1.png 386w\" sizes=\"(max-width: 150px) 100vw, 150px\" \/><\/figure>\r\n\r\n\r\n\r\n<figure class=\"wp-block-image aligncenter\"><img decoding=\"async\" width=\"150\" height=\"300\" class=\"wp-image-10409\" src=\"https:\/\/gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2020\/01\/VISITAS-ALIMENTES-GADIS-2o-2-150x300.png\" alt=\"\" srcset=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2020\/01\/VISITAS-ALIMENTES-GADIS-2o-2-150x300.png 150w, https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-content\/uploads\/2020\/01\/VISITAS-ALIMENTES-GADIS-2o-2.png 384w\" sizes=\"(max-width: 150px) 100vw, 150px\" \/><\/figure>\r\n\r\n\r\n\r\n<p>As fichas de Alimentes est\u00e1n dese\u00f1adas para que as profesoras e os profesores dos centros educativos de Galicia e Castela e Le\u00f3n que nos visiten <strong>traballen previamente na aula<\/strong>. Con iso cons\u00e9guese que os pequenos estean motivad\u00edsimos nas visitas e, por suposto, fixar todos os conceptos relacionados cos catro eixos tem\u00e1ticos que tratamos: alimentaci\u00f3n saudable, actividade f\u00edsica, consumo responsable e desperdicio alimentario. Pero, ademais, as fichas <strong>est\u00e1n ao dispor do resto de profesorado e p\u00fablico<\/strong> xeral no apartado da nosa <a href=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/economia-circular\/\">web Gadis Saudable<\/a>, na secci\u00f3n <a href=\"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/gadis-escola-gal\/\">#GadisEscuela<\/a>. As\u00ed serven de recurso para todos: pais en apertos, profesores creativos ou mesmo av\u00f3s en d\u00edas de choiva.<br \/>Neste curso 2019-2020 fix\u00e9ronse novas fichas de Alimentes para os tres niveis de primaria, co obxectivo de que as visitas sexan m\u00e1is completas e diversas. Desagreg\u00e1mosvos as fichas:<br \/><strong>1. Novas fichas Alimentes de 1\u00ba e 2\u00ba de primaria:<\/strong><br \/>Nas novas fichas de Alimentes de primeiro ciclo de primaria atop\u00e1monos con catro exercicios adaptados \u00e1s idades de 6 e 7 anos. Por exemplo, o primeiro dos exercicios est\u00e1 orientado ao consumo responsable e a como detectar ser m\u00e1is sustentables co planeta. E o segundo dos exercicios fomenta a alimentaci\u00f3n saudable, tendo que seleccionar aqueles produtos m\u00e1is beneficiosos para a nosa sa\u00fade. Os exercicios traballan transversalmente a psicomotricidade e as matem\u00e1ticas. Podes consultar as <a href=\"https:\/\/www.gadis.es\/pdf\/alimentes\/fichas-nivel1_es.pdf\">fichas de 1\u00ba e 2\u00ba de Alimentes en #GadisEscuela.<\/a><br \/><br \/><strong>2. Novas fichas Alimentes de 3\u00ba e 4\u00ba de primaria:<\/strong><br \/>No segundo ciclo de primaria os escolares xa te\u00f1en entre 8 e 9 anos, polo que, os contidos que se lles facilitan han de ser adaptados a esta idade e cun nivel de complexidade maior en comparaci\u00f3n co nivel anterior. Nesta ocasi\u00f3n, os catro exercicios propostos nas fichas de Alimentes de 2\u00ba ciclo de primaria son: un sudoku que traballa a competencia matem\u00e1tica e a alimentaci\u00f3n saudable, un diario da actividade f\u00edsica, un exercicio sobre o desperdicio de produtos e a separaci\u00f3n selectiva e unha actividade de relacionar frases sobre o consumo responsable. Podes consultar as <a href=\"https:\/\/www.gadis.es\/pdf\/alimentes\/fichas-nivel2_es.pdf\">fichas de 3\u00ba e 4\u00ba de Alimentes<\/a> en # GadisEscuela.<br \/><br \/>\u00a0<br \/><strong>3. Novas fichas Alimentes de 5\u00ba e 6\u00ba de primaria:<\/strong><br \/>Os alumnos de terceiro nivel de primaria te\u00f1en 10 e 11 anos, polo que, son os maiores do colexio. Isto conv\u00e9rteos nos m\u00e1is experimentados e curiosos, por iso, as s\u00faas fichas de Alimentes est\u00e1n orientadas \u00e1 investigaci\u00f3n. Os exercicios tratan de elaborar un men\u00fa equilibrado, reflexionar a trav\u00e9s de entrevistas sobre actividade f\u00edsica ou o respecto do medio ambiente coa loita contra o desperdicio alimentario. Se queres co\u00f1ecer as <a href=\"https:\/\/www.gadis.es\/pdf\/alimentes\/fichas-nivel3_es.pdf\">fichas de 5\u00ba e 6\u00ba de Alimentes<\/a> en profundidade non dubides en descargalas.<br \/>\u00a0<br \/>Esperamos que vos animedes a descargar e po\u00f1er en pr\u00e1ctica os exercicios das fichas de Alimentes, o programa de Gadis de visitas escolares a supermercados. Encantaranos saber como o pasan os vosos fillos e fillas e invit\u00e1mosvos a que compartades en redes sociais a experiencia, etiquet\u00e1desnos en Instagram (@gadis.supermercados)?<\/p>\r\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Tras os excesos do Nadal chega o momento de volver ao traballo e ao cole \ud83d\ude0aAos poucos toda a familia vai recuperando a rutina cos horarios, as comidas e as actividades extraescolares. Desde Gadis \u00e9 un dos momentos do ano m\u00e1is especiais xa que, entre outras actividades, po\u00f1emos en marcha ALIMENTES as visitas escolares a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":10406,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[436],"tags":[],"class_list":["post-14433","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-escola"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14433","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14433"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14433\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":15502,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14433\/revisions\/15502"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10406"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14433"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14433"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gadis.es\/saludable\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14433"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}