A volta ó traballo, e tamén ó colexio!

Parece que foi onte cando estabamos a desexar que chegasen as vacacións e acabase a escola. Pero xa se sabe, o bo se breve… 😉

A volta á rutina

Despois duns meses relaxados, con vacacións e xornadas intensivas, setembro volve á carga con forza. Tanto maiores como peques necesitamos un pequeno proceso de adaptación. Nada mellor que facer unha previsión para que non nos colla por sorpresa.
Setembro aínda é un mes no que vai bo tempo, poderemos seguir indo á praia ou a piscina. Pero o que máis se resentirá será o noso horario. As postas de sol desde a toalla serán substituídas por ceas ou duchas en familia. Aínda que pensándoo ben…a rutina chega como un  rescate ante tanto caos e libre albedrío destes meses. Non vos parece?

Novo curso escolar

Para moitas persoas, o ano empeza en setembro. Non en balde, comezan as coleccións semanais, renóvanse as inscricións nos ximnasios e empeza o cole. E tanto se es nai e pai, coma se non, este mes sérvenos para proxectar un novo curso.
Está claro que para os nosos fillos e fillas é a época máis importante do ano. Que profesora tocarame, cal aula, quen serán os meus compañeiros….? Hai que entender que isto supón unha tensión engadida bastante importante. Ademais dos cambios de rutina. Así que, se non queres que a túa casa convértase nunha montaña rusa emocional as próximas semanas, recomendámosche botar man dos seguintes consellos 😊

1. Agradecer

Aínda que pareza un paradoxo, nada como terminar as vacacións e o verán agradecendo todo o que gozamos. Os lugares que visitamos, a xente con compartímola o tempo. As charlas, risas e longas noites. Os xogos cos nosos e as nosas nenas… Se facemos este exercicio en familia é sinónimos de bo ambiente xeral. Xa sabedes o que din, “é de ben nacidos, o ser agradecidos”.

2. Acordar

Xa falamos en máis dunha ocasión das bondades de tomar decisións compartidas no fogar. Teñan a idade que teñan os membros da unidade familiar. Cada un, na súa xusta medida, ten algo que achegar e que se debe respectar (dentro do razoable). Se os teus pequenos son dos que gozan durmindo ata tarde e levan todo o verán facéndoo… imprescindible negociar o horario de irse á cama. Como non vai ser tarefa fácil, nada mellor que ir paulatinamente. Un par de semanas de axuste serán suficientes para evitar “dramas” tanto nocturnos como  mañaneiros.

3. Organizar

Tamén necesitamos algo de estrutura. Cada vida e cada familia son diferentes, pero todas teñen un funcionamento. Importante organizar as comidas. Normalmente no verán somos máis flexibles e comemos a calquera hora calquera cousa. Nada mellor que aproveitar a volta á rutina para recuperar horarios e hábitos de vida saudables. Facer menús semanais. Volver á práctica de actividade física constante. Aumentar o consumo de auga. Se é que o fondo o noso corpo está a desexalo!

4. Relativizar

Non hai ningunha necesidade de facer cambios radicais. Non temos que pasar de saír ás 10 da noite da piscina para estar deitándonos ás 9. Se cadra o noso plan é ese, pero se tardamos unhas semanas de axuste… non pasa nada! Pretender que todo funcione como a seda dun día para outro é un seguro de frustración e mal humor. Ademais, engadimos unha tensión innecesaria a todos os cambios que xa temos encima. Organicemos, pero sexamos flexibles. A fluír máis co que nos vinga, aínda que non estivese planificado!
 Esperamos que os consellos vos sirvan para encarar con algo máis de ánimo para o mes que vén. Seguro que é marabilloso!

Deja un comentario