VISITAS ESCOLARES 2019

Un ano máis volve Alimentes. O programa de alimentación saudable e consumo responsable no que participan máis de 8.000 neños e nenas de Galicia e Castela e León.
 
Gadis Alimentes
En Gadis sabemos ben que as nenas e nenos de hoxe son os adultos e adultas dun futuro non moi afastado. Tamén cremos na importancia de adquirir hábitos de vida saudables desde a máis tenra infancia. Un menor ben alimentado, exercitado e consciente do impacto das súas accións no planeta será unha persoa adulta feliz, plena e consecuente.
Por iso, hai máis de 15 anos que comezamos cunhas visitas escolares nos nosos supermercados Gadis para o alumnado de primaria. Aos poucos, fomos chegando a máis cidades, máis idades e desenvolvendo materiais de calidade adaptados ao currículo oficial de Galicia e Castela e Léon.
Alimentes conta un manual específico para o profesorado de segundo ciclo de infantil e toda primaria. Ademais, para o alumnado, ofrece fichas de traballo para realizar na aula e poder afondar nos temas de saúde e medioambiente. Finalmente, realízase unha visita guiada con educadores a un supermercado Gadis para ver na práctica todo o aprendido.

Como participar nas visitas escolares Alimentes
Poden participar todos os centros escolares públicos, concertados e privados de 2º ciclo de educación infantil, primaria e/ou especial. Se pertences a unha comunidade escolar dunha cidade na que se realiza Alimentes, seguramente xa recibirías información sobre o programa.
O procedemento é moi sinxelo, tan só hai que confirmar unha data e hora da visita. As visitas teñen unha duración de 50 minutos e o material é enviado con anterioridade de balde aos centros educativos. Recoméndase realizar o traballo na aula antes de vir á visita para aproveitala ao máximo.
Se pertences á comunidade escolar e non recibiches información, pero estás interesada en participar podes escribirnos a través desta páxina.
 
Novidades Alimentes 2019
Cada ano tentamos mellorar e tomamos moi en serio o feedback dos coles que participan neste programa. Por esta razón, este ano para os e as alumnas de 5º e 6º de primaria temos contido extra ?
Este alumnado é moi esixente e quere saber máis. Interésalle moito todo o de alimentación saudable e consumo responsable, pero tamén sobre como se xestiona o noso supermercado Gadis. Para iso, elaboramos unha infografía que explican as educadoras do programa na visita para coñecer en profundidade a xestión dos nosos Gadis. Selección e aprovisionamento de produto, loxística e distribución, puntos de venda e relacións coa comunidade. Así mesmo, como se distribúen as seccións e que facilidades se dan para a compra saudable e o consumo responsable nas nosas instalacións.
Outra das novidades que máis nos comprace é ampliar o alcance das visitas. Tanto en número de alumnos como en número de localidades. Este ano, ademáis de A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Vigo, Ourense, Valladolid, Salamanca e Ponferrada, comezan as visitas na comarca do Barbanza e na cidade de Palencia.

Materiais extra para docentes
Todo o material de Alimentes está elaborado en galego e en castelán e é descargable de balde desde a nosa web Gadis Saudable, aínda que non se participe no programa.
Nesta mesma web, contamos cun blog no que semanalmente subimos contidos relacionados coa alimentación saudable, a actividade física, o consumo responsable e o desperdicio alimentario. Os catro bloques sobre os que baseamos tanto Alimentes como o Tráiler de Alimentación Saudable.
No apartado de Gadis informa ofrecemos recursos tanto para docentes como para familias. Información útil e de calidade, actualizada e ocorrente que pretender ser un apoio para atopar fórmulas sinxelas que nos axuden a coidarnos e coidar do planeta.

Deja un comentario