Vacacións na praia

Xa sexa en familia, con peques ou maiores, en cuadrilla ou con peludos, a praia sempre é un  bo plan. Ben sexa porque vives na costa ou porque vaias pasar uns días, esperamos darche algunhas ideas 😉

A praia e os nenos

Este é o primeiro tema porque é dos mellores plans, pero tamén pode ser dos máis esgotadores.  Os nenos e nenas gozan desde unha idade temperá dos estímulos a pé de costa. O contacto coa area, a temperatura da auga, a brisa…, poucas cousas mellores que estar nun medio natural coa menor roupa posible xogando sen parar.
Para os peques ir á praia é estar no maior parque de xogos ao aire libre posible. Corren cos pés descalzos. Coñecen a novos e novas amigas. Demostran o aprendido nas súas clases de natación. E parece que teñen unha capacidade especial para conseguir que, durante días, sígalles saíndo area das orellas. Literalmente.
Dependendo da idade, a praia (como calquera outro plan) require un pouco de atención extra. En conc
reto, sabemos que nas nosas costas galegas o océano aberto hai que respectalo. Ademais, outro básico é protexerse correctamente do sol. Un espazo de sombra, protección solar reposta adecuadamente e evitar as horas entre as 12.00 e as 17.00 son claves para evitar danos.

Cosas que facer na praia con nenos

A pesar de que o feito de estar libres xa é unha cousa que facer en si mesma, tamén podemos aproveitar para outras cousas.

  1. Aprender do ecosistema costeiro. Unha vez decidísemos onde imos, o ideal é informarnos sobre a contorna. Hai cousas comúns a todos os espazos de praia, pero outras só danse en zonas concretas. Infórmache antes de ir e aproveita a viaxe á praia para descubrir con eles as curiosidades do medio mariño e terrestre.
  2. Observar aves. Moitas veces pensamos que as gaivotas son un encordio e non lles prestamos maior atención. Os estuarios e marismas son espazos con incrible diversidade ornitolóxica. Algunhas zonas de especial atención son a ría de Cariño, Ortigueira e Estaca de Bares, a Costa da Morte e o Grove e o parque nacional das Illas Atlánticas. Podes buscar máis información na páxina web de Turismo de Galicia..
  3. Snorkel. Seguindo na liña de apreciar a natureza, agora tócanos facelo co fondo mariño. Unhas lentes cun tubo poden descubrirnos marabillas. As augas mariñas galegas tenden a ser pouco transparentes por ser moi ricas en nutrientes. As lentes axudarannos a apreciar que realmente nos estamos bañando con moitos peixiños, algas diversas e moitos outros habitantes mariños.
  4. Actividade física. Por suposto non podían faltar xogos nos que haxa un incremento do ritmo cardíaco. A praia é un espazo ideal xa que en calquera momento podemos refrescarnos. Desde as fantásticas pas ata un balón para xogar dentro da auga, as pelotas fan marabillas. Tamén as canchas portátiles de balonmán ou voleibol tamén son ideais. Estes xogos aumentan a coordinación e axúdannos a manter un peso ideal.

Por suposto, todas estas ideas non substitúen ás fascinantes obras de arquitectura e enxeñería de canles, portos e camiños na beiramar 😉

Praia con cans

Poida que moitas familias non só conten entre os seus membros á especie humana. As familias con cans cada vez abundan máis. Lamentablemente, o verán segue sendo a época en que máis animais de compañía de abandonan. Ademais, España segue sendo un dos países da Unión Europea con máis abandono animal. E o que é peor, as nosas cifras de adopcións seguen sendo baixas. Nesta infografía da Fundación Affinity podedes coñecer máis datos.
Por este motivo, se nos imos de vacacións en familia, debemos buscar plans nos que poidan participar todos os membros. Afortunadamente, os tempos están a cambiar e cada vez en máis sitios podemos ir coas nosas mascotas. Desde bares e restaurantes ata areais para toda a familia. Aquí deixámosvos información que recolle distintas opcións para Galicia con mascotas.

Os consellos para estar na praia con mascotas son iguais que cos nenos. Ter un espazo de sombra. Auga fresca a disposición. Evitar que molesten a outros de praia. Recoller os seus excrementos. E gozar a lume de biqueira da experiencia de xogar na beira ou nadar mar dentro con eles. Para asegurar a feliz convivencia de todas as persoas e animais, recoméndase ir exclusivamente a praias permitidas. Este é a listaxe de praias que permiten cans en Galicia.
Que vos parecen estas opcións? Poñeredes algunha en práctica este verán? Estamos a desexar coñecer as vosas experiencias.   

Deja un comentario