Todos os secredos do Tráiler de Vida Saudable 2017

O vindeiro venres 8 de setembro comeza a terceira edición do Tráiler de Vida Saudable 😊. Non podemos estar máis felices!

Gadis en movemento

O Tráiler de Vida Saudable é unha iniciativa que procura levar a cidades e vilas de Galicia e Castela e León, información sobre hábitos que nos permiten vivir máis e mellor neste mundo. Alimentación e actividade física saudables, desperdicio alimentario e compra responsable. Conceptos que axudan a comprender a necesidade de facer pequenos axustes no noso día a día para obter grandes resultados na nosa saúde e na do planeta.
A exposición divídese en dous bloques principais para tratar as dúas grandes áreas que compoñen unha vida saudable. Existe un terceiro bloque no que damos a coñecer a nosa política de Responsabilidade Social.

Vida Saudable

A primeira parte aborda a nosa saúde persoal, centrándose na alimentación saudable e a actividade física. Grazas á Fundación SEEDO da cal somos patrocinadores, colaboramos co programa Aligera tu vida para loitar contra a Obesidade.  Os paneis informativos mostran datos, entre outros temas, sobre:

  • A pirámide nutricional.
  • As principais enfermidades asociadas á obesidade.
  • Recomendacións para un menú saudable.
  • A actividade física indicada por grupos de idade.
  • A necesidade de descanso e relaxación.

 

Planeta Saudable

Na segunda parte trátase sobre a saúde do planeta, co foco no desperdicio alimentario e o consumo responsable, e nela imos atopar paneis con información sobre:

  • A porcentaxe de desperdicio alimentario.
  • Consellos para evitar o desperdicio.
  • As froitas e verduras de tempada.
  • consumo de produtos locais e ecolóxicos.
  • A necesidade de conservar de xeito correcto os alimentos.

Gadis Responsable

A Responsabilidade Social Empresarial (RSE) é un modelo de xestión baseado en criterios responsables a nivel económico, social e ambiental.
A nosa filosofía é “crear unha empresa sostible nun entorno sostible, participando e promovendo iniciativas na sociedade onde operamos”. Debido a isto, temos dedicado unha pequena parte da exposición para explicar quen son os nosos grupos de interese e como nos relacionamos con eles. Se aínda queres saber máis, podes ler a nosa Memoria Coporativa do 2016.

Para todos os públicos

A exposición está pensada para poder acudir con familia, colegas ou en soidade.
Contamos cun par de xogos interactivos dirixidos aos máis peques da casa. Unha pirámide nutricional que ademais dos alimentos, contén métodos de cociñado e actividade física. E un xogo de separación selectiva de residuos para reforzar estes coñecementos.
Tamén hai una zona onde é posible descansar un pouco mentres vemos algúns vídeos que complementan a nosa visita.

Visitas guiadas

Cada ano incorporamos melloras que en gran medida veñen das vosas propostas e suxestións.
Este ano, incluímos a realización de visitas guiadas a grupos de todas as idades, previa reserva. As visitas teñen lugar na franxa horaria de 11.30h a 13.30h, cunha duración de 30 minutos. Se formas parte dun centro educativo, asociación ou calquera colectivo ao que pensas que lle pode interesar facer a visita: escríbenos! (Ligazón á páxina de contacto) De seguro que vos vai encantar.

E xa parar rematar

Se es dos primeiros visitantes que recibimos cada día, agasallámoste cunha bolsa de produtos saudables e vales de desconto para as túas próximas compras en Gadis. Ademais, sorteamos unha cesta de froita á semana que pode ser túa con só seguirnos nas nosas redes sociais (Facebook, Instagram, Twitter e Youtube) e seguir as instrucións do sorteo.
Para máis información de datas e lugares consulta este enlace. Apúntao na túa axenda. Esperámoste!

Deja un comentario