Slow Food. Que é a comida lenta?

Seguro que o termo comida rápida témolo ben controlado. Pero, sabemos que é a comida lenta? Poderiamos pensar ás toas que é o contrario da rápida. Comida que tarda moito en cociñarse? Seguro/a? Imos descubrilo! 😉

Orixes do movemento Slow Food

Efectivamente o Slow Food nace como contramovimiento do Fast Food. É dicir, comida lenta fronte á comida rápida. Pero non só en cuestión de tempos de preparado, senón tamén de todos os procesos que se atopan detrás dese concepto de “velocidade”. Consumo consciente fronte á tolemia do sobreconsumo.

Comer con atención, produtos de calidade, cuxa cadea de subministración saibamos que ten un impacto positivo a nivel social, económico e ambiental. Estas son as bases. O Slow Food busca dar a debida importancia ao pracer vinculado ao alimento, aprendendo a gozar da diversidade das receitas e dos sabores. Tamén a recoñecer a variedade dos lugares de produción e a respectar o ritmo das estacións.

A pesar do que puidese parecer, este concepto xa conta con máis de 3 décadas de percorrido a nivel mundial. Orixinario de Italia, hoxe en día chamámolo “movemento Slow Food”.

En España, este desenvolvemento pasou por varias etapas. Pero, sobre todo, é partir do 2003 que o movemento cobrou verdadeira forza.

Bases de Slow Food

O movemento Slow Food busca promover as seguintes iniciativas:

• A educación do padal como o mellor argumento contra a calidade mediocre da comida rápida e as fraudes alimentarias.
• As accións en defensa da cociña local, das producións tradicionais, das especies vexetais e animais en perigo de extinción
• Un novo modelo de agricultura menos intensivo e máis limpo, fundamentado nos coñecementos e o saber facer das comunidades locais. Un modelo capaz de ofrecer perspectivas de desenvolvemento, mesmo nas rexións máis pobres do planeta.
• A protección dos alimentos, materias primas, técnicas de cultivo e de transformación, herdadas dos usos locais consolidados no tempo.
• A defensa da biodiversidade das especies cultivadas e salvaxes.
• A protección de locais gastronómicos e de convivencia que, polo seu valor histórico, artístico ou social, forman parte do patrimonio da cultura inmaterial.

Como funciona Slow Food

Slow Food converteuse en 1989 nunha asociación internacional sen ánimo de lucro financiada polos seus socios. Actualmente conta con máis de 100.000 socios e está presente en 160 países, con sedes nacionais en Italia, Alemaña, Suíza, Estados Unidos, Xapón, Reino Unido e Holanda.

A asociación Slow Food conta cunha fundación que está presente en máis de 50 países e na que participación de máis de 10.000 pequenos produtores. Promove unha agricultura sustentable respectuosa co medio e a cultura do pobo.

A rede Slow Food, se subdivide en sedes locais que se ocupan de organizar cursos, degustacións, ceas e viaxes. Pero tamén de promover a nivel local as campañas lanzadas pola asociación e de participar nos grandes eventos organizados por Slow Food a nivel internacional. Actualmente, están en activo máis de 1.500 redes locais de Slow Food en 160 Países.

En España, contamos con redes locais en Bilbao, en Valencia e en Compostela.

Slow Food e restaurantes Km.0

Os restaurantes Km.0 son aqueles que transmiten a filosofía de Slow Food. Os seus chefs entenden que non é posible separar o pracer gastronómico da responsabilidade cos produtores, sen os cales non poderían facer unha comida de éxito.

Slow Food acredita a restaurantes Km.0 que cumpran cunha serie de requisitos. Entre eles:

• Polo menos un 40% dos ingredientes deben ser de procedencia local. Isto implica que o restaurante compre directamente ao produtor e que estean a menos de 100 quilómetros.
• O 60% dos outros ingredientes, teñen que pertencer a algunhas das categorías de Slow Food ou ter certificación ecolóxica.
• Non pode haber ningún prato que conteña transxénicos.
• Conscientes da limitación da produción artesanal, búscase optimizar ao máximo as sinerxías entre restaurantes e produtores.

Aquí podedes comprobar unha listaxe dos restaurantes Km.0 de Slow Food que temos de momento en Galicia. Nesta outra listaxe, atoparás os do resto de España. Tamén podedes consultar os produtores Slow Food galegos.

Que vos parece o movemento Slow Food? Coñeciádelo? En Gadis encántanos dar difusión a estas alternativas que respectan de consumo responsable e alimentación saudable.

Deja un comentario