San Xoán sustentable

A noite máis máxica do ano celébrase cada 23 de xuño, as fogueiras asolagan as praias e os barrios. A festa de San Xoán é coñecida por todos, pero celébrase de forma diversa nas diferentes localidades de Galicia e Castela e León. Nesta ocasión, propoñémosvos consellos para conseguir que a noite de San Xoán sexa máis sustentable.

A noite de San Xoán

A noite de San Xoán é unha das celebracións máis pintorescas de todas as existentes no verán. As praias énchense de fogueiras e fallas e, nos barrios, os habitantes saen ás rúas para gozar das numerosas churrascadas. Sen lugar a dúbida, San Xoán é a festa que marca o inicio do verán. A historia fálanos de que esta data xa a celebraban os nosos devanceiros para conmemorar a chegada do solsticio de verán.

Pero máis aló dos ritos ancestrais, o que queda claro é que existe unha forte vinculación entre a noite de San Xoán e o lume, entre o sol e as fogueiras. Esta celebración repítese sen tregua en países mediterráneos, nórdicos e suramericanos. Na actualidade en moitas localidades de Galicia e Castela e León celébranse festas populares e patronais nesta data.

Tradicións da noite de San Xoán

A noite de San Xoán está envolta en maxia e fantasía, proba diso son os numerosos mitos e tradicións. Popularmente pénsase que a noite de San Xoán é a máis curta do ano, pero isto non é certo. A noite máis curta do ano é a do 21 ao 22 de xuño, coa chegada da nova estación. Exactamente o verán chegará o venres 21 ás 17.54 hora española.

Unha das tradicións máis habituais é a da auga de flores de San Xoán. Consiste en recoller herbas aromáticas e deixalas toda a noite nunha talla con auga. Pola mañá terás auga perfumada coa que lavar a cara. A tradición aconsella recoller sete herbas aromáticas e nós suxerímosvos as seguintes: herbas de San Xoán, fieito, fiúncho, herba Luisa, romeu, rosa y flor de sabugueiro (o seu cheiro é intenso e profundo, similar ao do azar). Estamos seguros de que despois da lavarvos a cara o 24 de xuño con esta auga, gozaredes máis do día 😉

Trucos para un San Xoán sustentable

As celebracións da noite de San Xoán son moi variadas dependendo da localidade na que vivades. Se vivides nun sitio de costa, adóitanse facer fogueiras nas praias. A noite de San Xoán por excelencia é a que se realiza na Coruña, con miles de cacharelas ardendo no seu litoral.

Cada vez somos máis conscientes da importancia de realizar festas sustentables e coidar a nosa contorna, tamén sucede coa noite de San Xoán. Para que a noite de San Xoán sexa máis sustentable podes seguir uns pasos para tentar impactar ao mínimo e que as praias e barrios sigan lucindo preciosos ao día seguinte. Lonxe quedaron as imaxes de areais cheos de botellas, plásticos e lixo. Algúns dos trucos que podes ter en conta son:

• Para a noite de San Xoán fanse grandes compras de sardiñas, churrasco, entrantes… Se seguimos o consello das nosas avoas (“mellor que sobre que falte”), compraremos en abundancia e moita desa comida podería acabar desperdiciándose. O mellor será facer unha lista para comprar na súa xusta medida e que non se nos esqueza nada. O conxelador pode ser noso gran aliado, no caso de que sobre comida.
• Se es dos que van ás praias, unha medida sustentable é baixar as compras en bolsas de papel ou reutilizables. Son bolsas máis pesadas e con iso evitaremos que algunha bolsa de plástico se nos escape polo vento.
• Para evitar que as praias esperten cheas de lixo necesitamos o esforzo de todos e recoller os desperdicios que xeramos nos areais. Non esquezas levar contigo todo: botellas de cristal, cabichas, bolsas, latas… Os concellos soen axudarnos nestas tarefas. Dotan as zonas de festa de máis colectores de separación selectiva, para poder xestionar eses residuos correctamente
Non esquezas apagar as brasas. Tanto se fas fogueiras na túa rúa como na praia, non esquezas apagalas ben para evitar incidentes. Ademais, é unha noite na que debes aumentar as precaucións e estar máis atento, sobre todo, se hai nenos na túa contorna.
Evita os plásticos todo o que poidas. Leva os teus cubertos de casa, unha cunca reutilizable ou rotula co teu nome un único vaso para toda a noite, non uses pallas de beber…
Se bebes, faino con moderación. Coidar o noso corpo tamén é unha forma de ser sustentable connosco mesmos e a contorna.

Despois destes consellos, esperamos que o voso San Xoán sustentable sexa máis divertido. Acordarvos de que estes trucos son fantásticos para involucrar aos menos e nenas da casa.

Deja un comentario