Receita de Yakitori de polo para principiantes na cociña xaponesa

A cociña xaponesa está chea de matices e de receitas que conseguen sacar todo o sabor das materias primas coas que se cociñan. Pero do mesmo xeito que a súa cociña se caracteriza por un gran esforzo polo detalle e unha complicación á hora da elaboración, existe unha gran cantidade de receitas que se definen pola súa sinxeleza de elaboración e gran sabor.

Unha delas é o yakitori de polo. Esta receita consiste nunhas pequenas espetadas de polo adobado, impregnadas con salsa e feitas nun tipo de grella especial. Se ben este prato é moi famoso polas illas do arquipélago xaponés, na rexión de Kansai é un dos pratos máis pedidos nos “izakaya” ou bares tradicionais xaponeses.

Hoxe imos a explicarvos como podedes recrear esta fantástica receitas nas vosas casas, prestade atención que vos dicimos o que precisades.

Ingredientes para o yakitori de polo

200 gramos de carne de polo, sen ósos e cortado en filetes pequenos.

75 mililitros de salsa de soia (preferiblemente sen azucre).

75 mililitros de mirin (no seu defecto, un viño branco poderá servir de substituto).

2 culleradas pequenas de azucre.

Pementa.

receta del mejor yakitori

Así se prepara esta deliciosa receita de yakitori

O primeiro que deberemos facer é preparar a salsa yakitori, que será o ingrediente principal deste prato, xa que é o que lle vai dar ó polo ese sabor tan característico. Para iso, mesturaremos a salsa de soia, o mirin (ou viño branco) e as dúas culleradas de azucre. A continuación, deberá ferver un minuto, deste xeito estaremos seguros de que o alcol do viño se evapora por completo. Despois, deixámolo repousar.

A continuación, temos que preparar as espetadas cos filetes de polo, para o que precisaremos varas de espeto de madeira. Cando teñamos o polo ensartado nas espetadas, tes que selar a carne á prancha ou á grella até que todas as espetadas se douren lixeiramente.

No momento que estean douradas, debemos retiralas da prancha e untalas coa salsa yakitori que xa tiñamos preparada, volvéndoas a poñer no lume, deixando que se complete a cocción e a salsa colla un aspecto caramelizado polo azucre. Para rematar esta receita, retirarémolas e sazonarémolas ó momento con pementa ó gusto.

Como se pode ver, o polo yakitori é unha receita sinxela de preparar, con alto contido en proteínas e cunha cantidade de calorías media, que todo o mundo é capaz de desfrutar.

Deja un comentario