Receitas saudables para recibir o ano

Ano novo, vida nova. Al menos ese é o propósito 😉

Comezar con bo pe

Fin de Ano e Ano Novo son datas fantásticas para facer balance e propósitos. Que cousas aprendemos. Cales queremos mellorar. Como nos gustaría que fose o ano que comeza… se nos paramos a pensar, seguramente unha gran parte das respostas teñen que ver coa nosa saúde.
Vivimos con tanto apresuramento que sempre temos unha chea de obrigacións que nos distraen do noso obxectivo. Unha vida plena, feliz e saudable. Para o próximo post falaremos de como marcarnos estes obxectivos para o 2018. E cumprilos dunha vez por todas.
Hoxe, queremos desexarvos unha moi Bo nadal e un próspero Ano Novo con algunhas receitas saudables para preparar eses días. A gozar!

Humus de remolacha

Se queremos darlle algo de cor á nosa mesa, este é o noso entrante.
Ingredientes:

  • 400  g de garavanzos cocidos.
  • 1 limón.
  • 1 culler pequena de comiño.
  • Sal
  • 1 dente de allo.
  • 1 chisco de  pementa caiena moída.
  • 1 cullerada sopeira de  tahini ou dúas culleradas de aceite de oliva virxe extra.
  • Remolacha cocida.

Preparación: Con esta receita todo son vantaxes. A primeira é que é vegana, así que apta para todos os padais e principios. A segunda é que tanto os garavanzos como a remolacha poden comprarse xa cocidos. A terceira é que é  moi sinxela de facer e está  boísima. Ademais, é  súper saudable. O único que necesitamos é poñer todos os ingredientes nunha cunca grande e removelos, ben cun robot de cociña ben cunha máquina de bater. Podemos decorar con sementes de papoula ou de sésamo. E acompañar con  crudités de cenoria e  apio cortadas en tiras e/ou pan de pita. A  dipear!

Ceviche de salmón, mango y aguacate.

Unha deliciosa e fresquísima receita que será un primeiro prato perfecto e equilibrado.
Ingredientes para 3-4 persoas:

  • 1-2 cebolas medianas.
  • 3 aguacates no seu punto.
  • 2 mangos pequenos.
  • 2 Limas.
  • Coandro.
  • Aceite de oliva virxe extra.
  • 600 g de salmón fresco.
  • Tabasco

Preparación: O primeiro que necesitamos é comprar o salmón en lombos sen espiñas. Na peixaría de Gadis podemos pedilo e prepararánnolo perfectamente. É bo facelo con dous ou tres días de antelación e conxelalo. A razón é porque neste prato o peixe se mariña (cociña) coa lima, pero non ao 100%. Desta maneira evitaremos calquera complicación. Polo demais, o único que necesitamos é picar moi fino todos os ingredientes. Empezamos polo salmón en dados non moi grandes. Engadimos o mollo das dúas limas e un chisco de sal e metémolo na neveira mentres cortamos o resto de ingredientes, salvo o coandro. Engadimos os ingredientes á mestura, botamos un chisco máis de sal, unha pinga de tabasco, unha cullerada de aceite de oliva. Removemos e deixamos repousar media hora. Incorporamos o coandro. Removemos e listo! Cun aro podes empratar e facer as delicias dos comensais.

Pementos recheos de carne

Un acerto para grandes e pequenos.
Ingredientes 3-4 persoas:
Para o recheo:

  • 3 pementos morróns por persoa.
  • 800 g de carne picada mixta.
  • 1 cebola.
  • 2 dentes de allo.
  • 1 cabaciña.
  • Aceite de oliva virxe extra.
  • ½ vaso de viño tinto.
  • 1 chisco de comiño.
  • Pementa.
  • 1 guindilla.

Para a salsa:

  • 400 g de tomate natural triturado.
  • 2 cenorias.
  • 1 cebola grande.
  • Alfádega fresca.
  • Sal.
  • Pementa.
  • 1 culler pequena de bicarbonato sódico.

Preparación: Primeiro a salsa de tomate. Sofritimos a cebola, engadimos a cenoria cortada finita e en canto abrande, agregamos o tomate. Engadimos o sal, pementa, unhas follas de alfádega fresca e una culler pequena de bicarbonato para reducir a acidez. Mentres se fai a lume lento, cortamos a cebola, allo e a cabaciña, finitos. Pochamos a cebola, engadimos o allo e a cabaciña. Esperamos a que abrande e engadimos a carne. Salpimentamos. Removemos e poñemos o viño co comiño, a guindilla e subimos o lume. Deixamos evaporar o viño, apagamos o lume e deixámolo repousar. Batemos a salsa de tomate para que quede sen grumos. Engadimos unhas cullaradas de tomate á carne para que estea mais zumenta. Enchemos cunha culler os pementos e colocámolo nunha bandexa para forno. Vertemos a salsa de tomate por encima e ao forno a 180º uns 20 minutos para que se gratinen. Podemos agregar queixo se queremos. Vixiamos que non se seque. Acompañamos con arroz en branco ou puré de pataca. Unha explosión de sabores.
Esperamos que estas receitas sírvanvos dalgunha inspiración para estes días. Sen grandes complicacións e con ingredientes sinxelos e saudables. Xa nos contaredes que tal!
Bo nadal e próspero Ano Novo!

Deja un comentario