Pescados con máis omega 3, 6 e 9 do mercado, cales son?

Os ácidos graxos omega 3, 6 e 9 son compoñentes importantes das membranas celulares e son precursores de moitas outras substancias no corpo. Por exemplo, as relacionadas coa regulación da presión arterial e as respostas inflamatorias. Existe un crecente coñecemento de que son importantes na protección contra enfermidades cardíacas, prevención da diabetes e incluso de certos tipos de cáncer. Pero, que pescados debes comer para consumir máis omega 3, 6 e 9?

O corpo humano é capaz de producir todos os ácidos graxos que precisa, excepto dous. Trátase dos ácidos linoleico (omega 6) e alfa-linolénico (omega 3). Estes, que se denominan ácidos graxos esenciais, deben consumirse da dieta.

Que pescados teñen máis omega 3 e como comelos?

O salmón e un dos pescados máis relacionados co contido en omega 3. Ademais, contén unha gran cantidade de proteínas, manganeso, potasio, niacina e vitaminas B-12 e A. Pódese facer ó forno, asar, saltear, escalfar e incluso comelo en bocadillos se o compras afumado.

O arenque a miúdo se escorre e se serve como aperitivo antes das comidas, pero estes pequenos pescados tamén se poden cociñar ó forno e á grella. Son unha gran fonte de proteínas, calcio, manganeso, potasio, niacina, vitamina B-12 e selenio.

Outra boa opción para consumir omega 3 é a xarda. Tamén ofrece unha gran variedade de receitas, xa sexa en grella ou no forno. A súa composición en canto a nutrientes é moi similar ó arenque.

O atún e as sardiñas son os pescados con máis omega 6

Se buscas fontes saudables de omega 6 que engadir á túa dieta, o atún e as sardiñas deben formar parte dela. A gran vantaxe destes dous pescados é que son moi sinxelos de atopar. No Gadis máis preto de ti nunca faltarán, tanto frescos como enlatados, nunha gran variedade de preparados.

Con ambos podes elaborar deliciosas receitas lixeiras, como ensaladas. As sardiñas, ademais, están moi ricas cociñadas á prancha ou grella e un dos mellores usos do atún é preparado en patés. Toma nota disto para a túa próxima reunión de picar.

pescados con mas omega 3

Os omegas 9 debes buscalos fóra do pescado

O pescado non é unha fonte habitual de omega 9. Como xa comentamos, o corpo pode sintetizar este ácido pola súa conta, pero sempre que teña suficientes reservas dos omegas 3 e 6.

Os principais ingredientes que debes engadir á túa dieta para consumir omega 9 son os aceites vexetais, o aguacate ou algúns froitos secos, como por exemplo as noces e as abelás.

Deja un comentario