Navegación segura. Consumo responsable de Internet para menores.

Hoxe falaremos da importancia dun consumo responsable de internet para os/as menores dos nosos fogares. A extraordinaria expansión de internet que se produciu na última década afectou a todos os ámbitos da sociedade. Non só se converteu nunha ferramenta imprescindible para o desenvolvemento individual e colectivo, senón que tamén modificou a maneira na que nos relacionamos, sobre todo a partir do auxe das redes sociais. Esta nova situación xera, en ocasións, preocupación entre os pais e as nais, que teñen que enfrontarse ao control do uso que fan os seus fillos e fillas da rede sen que afecte as súas relacións sociais.

Cal é o contexto do consumo de internet en menores?

É indubidable que a utilización de dispositivos achega numerosos beneficios, pero non debemos esquecer os seus riscos: desenvolvemento de hábitos de vida pouco saudables, acceso a contidos inadecuados, violación da intimidade ou acoso cibernético, entre outros. A protección fronte a eses posibles danos está nas nosas mans, pero a inexperiencia -atopámonos diante un panorama novo tamén para nós- pode producirnos inseguridade.

Os nenos e as nenas inícianse no uso de internet a unha idade cada vez máis temperá. En España o 43,6% de nenos e nenas entre tres e seis anos conéctase a Internet, unha porcentaxe que aumenta ata o 90% ao chegar á adolescencia. O estudo sobre condutas adictivas a Internet levado a cabo polo Consorcio europeo EU Net ADB revelou que un 1,5% dos adolescentes españois presenta condutas adictivas á rede e un 21,3% atópase en situación de risco. Son datos preocupantes, sobre todo se temos en conta que, aínda sen caer nun comportamento adictivo, moitas veces, réstalles tempo para outras actividades e pode dificultar a comunicación familiar. A continuación, compartimos contigo algúns consellos para lograr unha navegación segura e un consumo responsable.

A comunicación familiar é clave

O elemento máis importante para protexer aos teus fillos e fillas no ciberespazo é, sen dúbida, a vosa comunicación. Eles han de sentirse libres para poder expor calquera dúbida ou problema que xurda durante as múltiples situacións nas que usan Internet e é fundamental que ti mostres disposición para resolvelas. Así, sempre recorrerán a ti cando o necesiten. É posible que as súas actuacións nos leven a verse nunha situación comprometida. Trata de reaccionar con calma, de maneira comprensiva e sen enfados. É normal que sintas decepción, pero a túa resposta será clave para que volvan confiar en ti se se produce unha circunstancia similar.

  • Fala con eles sobre as cuestións que che preocupan e compartide os vosos puntos de vista sobre os aspectos que poden constituír un risco na rede.
  • Advírtelles sobre o perigo de compartir datos persoais e anímaos a ser cautos.
  • Pacta unhas normas de uso de internet, imprímeas e colócaas xunto ao computador. Se queres manter o control, é bo que sitúes o dispositivo nunha zona transitada da túa casa. Será máis fácil saber o tempo que permanecen conectados e poderás observar as súas reaccións.
  • Bota man das ferramentas que tes ao teu alcance: filtros e motores de procura específicos para nenos, bloqueo de xanelas emerxentes, programas de control para os pais, etc. Non esquezas revisar periodicamente o historial do navegador e os chats aos que acceden como medida de prevención.

Tes fillos menores de 5 anos?

Enfronte ao crecemento que se produciu do uso de novas tecnoloxías por parte dos nenos, a Sociedade Española de Pediatría Extrahospitalaria e Atención Primaria ( SEPEAP) realizou unha serie de recomendacións para guiar ás familias. Ata que os teus fillos e fillas cumpran cinco anos, estas son as súas suxestións:

  • Evitar calquera exposición dos nenos e nenas ás pantallas ata que cumpran 18 meses.
  • Entre os 18 e os 24 meses, pódese iniciar a exposición con programas de calidade, pero sempre acompañados e por períodos curtos de tempo.
  • Dos 2 aos 5 anos, pódese ir prolongando esa exposición a condición de que non se supere a hora diaria e haxa un adulto con eles.

Tes fillos de entre 6 e 9 anos?

A partir dos seis anos, has de buscar o equilibrio entre o uso de pantallas e outras actividades propias da súa idade. Evita os dispositivos durante as comidas, nas horas de estudo e antes de durmir. No que respecta ao uso de internet, é importante que lles axudes a identificar os sinais de perigo e que teñan claro como deben actuar. Por exemplo:

  • Se aparece algo na rede que lles asusta, dilles que apaguen a pantalla e avísenche.
  • Se alguén lles solicita datos persoais (nome, teléfono, dirección, colexio, etc.), non deben contestar e han de chamarche.
  • Se alguén lles di que quere velos, teñen que avisarche de inmediato.

Neste caso, hai que trazar un plan de actuación con eles porque a súa idade aínda non lles permite reaccionar de maneira autónoma.

Tes fillos entre 10 e 14 anos?

A esta idade, os teus fillos e fillas séntense máis independentes e Internet comeza a converterse nun alicerce para as súas relacións sociais. É importante que establezas unhas normas claras de uso e que te mostres dialogante para chegar a acordos. A pesar de que xa teñen máis capacidade para identificar situacións de perigo, as situacións poden ser máis complexas e convén que lles proporciones algunhas pautas:

  • Pacta con eles o tempo de conexión a Internet, tanto durante a semana como a fin de semana, así como o tipo de contido ao que acceden. Distingue o tipo de uso. Seguramente, durante a semana será máis académico e a fin de semana, máis lúdico.
  • Deben ter claro que sempre han de acudir a un adulto de confianza cando se produza unha situación incómoda, solicítenlles información, queiran quedar con eles ou reciban algunha mensaxe desagradable.
  • Advírtelles de que non deben descargar ningún arquivo que lles mande un descoñecido.

Tes fillos maiores de 14 anos?

Trátase dunha idade máis complicada porque os teus fillos e fillas levarán unha vida máis independente do ámbito familiar. É importante que adaptes as recomendacións anteriores a este novo ciclo e que abordes outras cuestións que poden presentarse derivadas da súa propia conduta, como poden ser:

  • O respecto á intimidade e aos sentimentos dos demais para evitar danalos, sendo conscientes de que determinadas actuacións (divulgación de imaxes, suplantación de identidade ou difamación) poden ser feitos constitutivos de delito.
  • É recomendable que se afagan a ler os avisos legais das páxinas que utilizan para evitar, por exemplo, a vulneración da propiedade intelectual.

Esperamos que estes consellos sobre navegación segura para menores vos axuden no voso día a día e na toma de decisións fronte aos dispositivos móbiles, tablets e resto de aparellos conectados a internet. Internet é fundamental nas nosas vidas e o é tamén na vida de nosas fillos e fillos, por iso é tan necesario inculcarlles un consumo responsable. Por último, non esquezas que ti tamén has de ser consecuente coas normas. A túa interacción coas novas tecnoloxías será o seu principal exemplo. Anímaste a revisar os teus hábitos?

Deja un comentario