Maio é o mes no que desde Gadis apoiamos as vosas doazóns ao banco de alimentos. Durante todo o mes, atoparanse puntos de recollida sinalizados en Gadis de Galicia e Castela e León. Non cabe dúbida de que esta acción ten unhas profundas motivacións sociais que son a base da nosa contribución ao alcance dos seguintes  Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS): o fin da pobreza e a fame cero.

ODS 1: Fin da pobreza.

O obxectivo: poñer fin á pobreza en todas as súas formas e en todo o mundo para 2030.
Erradicar a pobreza en todas as súas formas segue sendo un dos principais desafíos aos que se enfronta a humanidade. Unha cuestión de dereitos humanos á que todas as persoas e organizacións debemos contribuír para a súa completa desaparición.
Segundo Nacións Unidas a cantidade de persoas que viven na extrema pobreza diminuíu en máis da metade entre 1990 e 2015 (de 1.900 millóns a 836 millóns). Aínda así, demasiadas persoas loitan por satisfacer as necesidades máis básicas. Actualmente, hai 30 millóns de nenos que crecen pobres nos países máis ricos do mundo. Só en España, 12,9 millóns persoas, 27,9% da poboación atópanse en risco de pobreza ou exclusión social. Percíbese unha leve melloría na taxa xeral. Con todo, a pobreza aumentou xa que hai colectivos que non perciben ningunha melloría.
A pobreza ten moitas dimensións, pero as súas causas principais son o desemprego e a exclusión social. A alta vulnerabilidade de determinadas poboacións aos desastres, as enfermidades e outros fenómenos, tamén lles impiden ser produtivas.

ODS 2: Fame cero.

O número de persoas  desnutridas tamén se reducíu case á metade nas últimas dúas décadas. En gran parte grazas ao rápido crecemento económico e ao aumento da produtividade agrícola. Moitos países en desenvolvemento que sufrían fames negras agora poden satisfacer as necesidades nutricionais dos máis vulnerables. Con todo, aínda máis de 90 millóns de nenos menores de cinco anos teñen un peso perigosamente baixo. Unha de cada catro persoas pasa fame en África.

Non hai datos oficiais sobre fame en España, o que hai son indicadores de pobreza. Como viamos no apartado anterior, é unha realidade moi próxima. A falta de acceso a unha alimentación sa e variada deriva en problemas de saúde. A  mal nutrición, tanto por escaseza como por falta de variedade pode derivar en infrapeso, obesidade, diabetes, hipercolesterolemias…
Sabemos que aproximadamente un terzo dos alimentos que se producen a nivel mundial acaba no lixo. Na nosa man tamén está xerar unha maior conciencia e reducir o desperdicio alimentario. Esta realidade ten implicacións ambientais, pero sobre todo éticas. Podedes profundar máis neste tema a través deste artigo.

Gadis solidario.

Os ODS foron deseñados para que todas as persoas e organizacións humanas contribuamos activamente na súa consecución.
Para nós colaborar activamente forma parte dos alicerces desta empresa. Cremos que a nosa responsabilidade coa contorna vai máis aló do bo facer na nosa xestión. Os retos que compartimos coa sociedade requiren un esforzo extra. Iniciativas como o maio solidario demostran que é posible colaborar e sensibilizar nunha mesma acción. Máis de 500.000 kg de alimentos non perecedoiros foron recadados nos últimos 5 anos.
O fin é lograr unha asignación e repartición equitativo dos alimentos para conseguir a maior eficacia posible desta campaña. Pero tamén evidenciar realidades que existen no noso país: a pobreza e a fame e concienciarnos para acabar con elas.
Xa están listos os puntos de recollida de alimentos en 186 puntos de venda de Galicia e Castela e León. Axúdasnos? Estamos a esperarche.

Se queres saber máis sobre estes temas podes consultar as seguintes ligazóns:

Deja un comentario