A sostibilidade na cadea de alimentos

Hoxe falamos de sostibilidade, como non podía ser doutra maneira. Queda unha década para que, entre todas as persoas do planeta, cumpramos os 17 obxectivos marcados pola Axenda 2030 das Nacións Unidas e é necesario que sexamos conscientes da nosa parte de responsabilidade. O foco da Axenda céntrase, entre outros asuntos en, a erradicación da pobreza e a fame, a loita contra o cambio climático e a protección dos recursos naturais, a alimentación e a agricultura. Todo iso está relacionado, dunha ou outra forma, coa sostibilidade da cadea de alimentos e apela á necesidade de apostar por unha optimización do uso dos recursos naturais dispoñibles. O crecemento da poboación mundial —prevese que se alcancen os 10 mil millóns de persoas en 2050— xera certa preocupación, xa que haberá que atopar o equilibrio que nos permita abastecer con alimentos sen prexudicar o medio ambiente nin comprometer o futuro das seguintes xeracións.

Hai tempo que a industria alimentaria é plenamente consciente da urxencia de implementar accións que reduzan o impacto ambiental da produción e o consumo dos seus produtos. Neste sentido, Gadis desenvolve a súa actividade tomando como principio básico o compromiso coa protección do medio ambiente e o benestar social. Para iso, leva a cabo acciones encamiñadas a mellorar a eficiencia nos seus procesos loxísticos, industriais e puntos de venda, promovendo, entre outros aspectos, a reciclaxe e a reutilización, así como unha ampla oferta de produtos de proximidade. Así mesmo, para asegurar a sostibilidade a longo prazo, aposta pola mellora continua das súas actuacións, de forma que poida reducir a súa pegada de carbono sen deixar de cubrir as necesidades dos consumidores en materia de seguridade alimentaria, nutrición, saúde, compra informada, etc. Queres saber máis sobre o tema? Segue lendo!

Os retos da sostibilidade da cadea de alimentos

A cadea dos alimentos vai desde a orixe e/ou produción destes ata que chegan ao seu destino final (fogar, hostalería ou caterings), pasando pola distribución. Este proceso leva implícito en moitos casos unha longa viaxe que realizan os alimentos. No caso dos alimentos perecedoiros de proximidade a cadea é a máis sostible, pero mesmo así o non está exenta de retos.
O contexto actual de emerxencia climática ao que se enfronta a produción mundial de alimentos converte a dispoñibilidade de auga nun dos seus principais factores de risco. Segundo as estimacións da FAO, a subministración de alimentos suficientes para unha poboación en constante crecemento aumentará, en poucos anos, a demanda de auga para a agricultura ata nun 60%. Ademais, na actualidade, máis da metade dos habitantes do planeta reside en zonas cunha elevada tensión hídrica, polo que se fai necesario comezar a poñer en marcha medidas que reduzan o consumo de auga, eviten o esgotamento das reservas e aumenten a eficiencia dos sistemas de rega.


Por outra banda, un dos grandes desafíos da cadea alimentaria atópase na fase de subministración polo ciclo de vida dos produtos. As empresas teñen que lograr prover aos consumidores con produtos saudables de boa calidade a prezos alcanzables. Para iso, han de botar man da tecnoloxía e dos avances en intelixencia artificial para aumentar a eficiencia e reducir os custos, sen perder de vista a saúde do planeta. Con todo, os produtos frescos expoñen maiores dificultades debido aos requisitos específicos de manipulación, xa que son altamente perecedoiros. Isto esixe buscar opcións sostibles para embalar os produtos, acurtar a cadea de subministración e manter a cadea de frío. Por todo iso, os produtos de proximidade sempre son o mellor recurso en termos de sostibilidade, xa que se reducen ao máximo os tempos da cadea de subministración e mellórase a vida das persoas locais con empregos de calidade. Esta é sen dúbida una das máximas de Gadis, apostar por produtos de proximidade polo seu beneficio social e de saúde para produtores, consumidores e planeta.

Por tanto, o desenvolvemento sostible da industria alimentaria depende do compromiso de todos os axentes da cadea de subministración (produtores, fabricantes, distribuidores e consumidores) e dos avances técnicos e tecnolóxicos que permitan mellorar a eficiencia produtiva e ambiental do sector. De feito, unha maior conciencia sobre o que consumimos sumado á implementación de novas ferramentas que melloren a dixitalización das distintas fases da cadea facilitará a consecución doutro dos seus grandes retos: reducir o desperdicio. Por exemplo, a integración e a comunicación que se logra coa tecnoloxía na cadea de subministración posibilita a sincronización da oferta e a demanda, reducindo os desperdicios e os tempos de entrega.

O sector ten que buscar, pois, a maneira de contribuír á consecución do ODS2 Fame cero e do ODS12 produción e consumo responsables asegurando a sostibilidade dos sistemas de produción de alimentos e dos modelos de consumo. Para iso, é importante que as persoas conten con información que lles permita ser conscientes das consecuencias das súas eleccións. Algo que, desde Gadis, tratamos de fomentar non só nos nosos puntos de venda, senón tamén a través de iniciativas como o noso programa Alimentes, este blogue ou as nosas memorias corporativas.

A aposta de Gadis pola sostibilidade da cadea de alimentos

Na súa vontade de asumir como propios os retos ambientais mundiais e locais, Gadis ten en conta a protección do medio ambiente en todas as fases da cadea alimentaria a través dos seguintes compromisos:
­ Apoio a máis dun millar de produtores e provedores locais de Galicia e Castela e León con acordos a longo prazo.
­ Mellora continua no desempeño ambiental e o uso sostible de recursos (enerxía, auga, materias primas, etc.) e procura de fontes de enerxía máis sostibles.
­ Análise de riscos e mitigación dos efectos actuais e previsibles da súa actividade no medio ambiente.
­ Ser sensible para previr, reducir ou reparar calquera forma de contaminación (emisións, verteduras, residuos, ruído, contaminación lumínica, etc.).
­ Asumir e apoiar iniciativas de economía circular e a prevención e xestión de residuos tales como combater o desperdicio alimentario con iniciativas de prevención a través de:
­ A planificación de stocks que permite ter o volume de produtos adecuado en tenda en cada momento.
­ A análise detallada da oferta de produtos frescos. A variedade nesta sección obriga a unha xestión eficiente para garantir altas taxas de rotación, o que se traduce en maior frescura e menor desperdicio alimentario.
­ Implementar medidas de adaptación e mitigación de cambio climático.
­ Aposta pola protección da biodiversidade e se fose necesario medidas para preservar ou restaurar a biodiversidade en áreas de influencia da actividade.

Tes en conta estes aspectos á hora de realizar a túa compra? Anímaste a cambiar algún hábito para facelo de maneira máis consciente? Escoitámoste!