A salsa de soia é boa para a dieta?

É a elección favorita de todos os amantes da comida asiática. De feito, cada vez gaña máis adeptos e é habitual usala con moitas outras receitas que non proveñen de dito continente. É dicir, que vai gañando cota de aparición nas nosas cociñas. Por iso, seguramente te preguntarás se a salsa de soia engorda e se é boa ou non para a dieta.

A salsa de soia básica acostuma ser de cor clara. Sen embargo, a que podes mercar nos teus supermercados Gadis xa ven combinada con outros ingredientes para que case mellor cos alimentos. Os máis habituais son o azucre e a sal. A máis lixeira utilízase para ensaladas e soe ir mesturada con trigo, mentres que a de sabor máis salgado casa fantástica con carnes e incluso peixes.

Cantas calorías ten a salsa de soia?

Unha cullerada de salsa de soia contén 8.5 calorías, das cales 0.8 son graxas. Tamén aporta un pouco de potasio, fibra dietética, calcio e ferro e grandes doses de sodio. Se elevamos estes niveis a un valor por 100 gramos, a salsa de soia tería 53 calorías.

Unha cantidade realmente baixa que a converte en ideal para o seu uso se estás a dieta. De feito, entre as salsas máis utilizadas, é a segunda con menos aporte de calorías, só por detrás da salsa de tomate e moi por diante da mostaza, o ketchup, a agridoce, o guacamole, a César, a vinagreta ou a maionesa.

salsa de soja

É sa a salsa de soia?

A salsa de soia é realmente útil para o noso corpo, por diferentes motivos. O primeiro, que ten unha gran cantidade de desoxidantes. Ademais, contén varios minerais, como xa vimos, pero tamén unha gran gama de vitaminas. Aporta até 20 aminoácidos necesarios para o organismo, así como sales de ácido glutámico.

Esta composición única fai que a salsa de soia se considere sa. Os minerais que aporta axudan a mellorar a circulación sanguínea, fortalecendo o corazón. Tamén se recomenda o seu consumo para acelerar o metabolismo e eliminar toxinas do corpo, por iso é boa se estás a dieta. Ademais, contén unha gran cantidade de fitoestróxenos, esenciais para normalizar o ciclo menstrual das mulleres.

O único pero “pero” da salsa de soia é o seu alto contido en sal, por iso non podes abusar dela. De feito, unha cullerada pode aportar sobre o 50% do total recomendado para consumo diario, así que o día que a utilices nas túas receitas, debes ter un ollo no resto de alimentos que comes, para non pasarte coa cantidade de sal.

Deja un comentario