Alimentes, visitas escolares .
Alimentes é a aposta educativa, de Aligera tu vida e Gadis, para fomentar os hábitos de consumo responsable e alimentación saudable dos máis pequenos a través de materiais didácticos adaptados ao currículo oficial de 2º Ciclo de Educación Infantil e de Educación Primaria de Galicia e de Castela e León.

Material didáctico
Deixamos á vosa disposición un material específico que sirva aos docentes de recurso de apoio para todas aquelas partes do currículo relacionadas coa vida saudable e o consumo responsable.
Consultade o noso material de traballo na aula e visitade os nosos supermercados, entre os meses de xaneiro a xuño. Impartimos visitas nas localidades da Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago de Compostela, Ourense, Vigo, Ponferrada, Valladolid e Salamanca. Poñédevos en contacto e coñeceredes de primeira man pautas de alimentación saudable e consumo responsable.
Esperámosvos!
2º Ciclo de educación infantil
Material para apoiar aquelas partes do currículo relacionadas coa vida saudable e o consumo responsable, enmarcadas nas áreas de Coñecemento de si mesmo, Coñecemento do ámbito e Linguaxes: comunicación e representación. O material componse dun manual-folleto e catro fichas didácticas para os alumnos.

Educación primaria
Material para apoiar aquelas partes do currículo relacionadas coa vida saudable e o consumo responsable, enmarcadas nas áreas de Coñecemento de si mesmo, Coñecemento do ámbito e Linguaxes: comunicación e representación. O material componse dun manual-folleto e catro fichas didácticas para os alumnos.

Bloques temáticos
Os temas que tratamos en Visitas escolares, Alimentes son:

Alimentación Saudable

Vida Activa

Consumo Responsable

Desperdicio Alimentario
Apunta á túa escola! .
Visita Gadis co teu colexio na Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago de Compostela, Ourense, Vigo, Ponferrada, Valladolid e Salamanca.
Gadisa Retail, S.L.U., con domicilio no Polígono de Piadela, s/n, 15300 Betanzos (A Coruña) como responsable do tratamento, infórmalle que os datos que vostede facilite tales como datos identificativos e de contacto a través dos formularios “apunta a tu escuela” e “ficha de datos de visita”, serán tratados coa finalidade de organizar visitas escolares aos supermercados Gadis, atender consultas e publicitar na web de Gadis esta actividade dentro dun programa Alimentes., estando lexitimada polo consentimento que vostede expresamente otorga, dende a web coa aceptación do aviso legal e coa firma no impreso en papel. Igualmente, se vostede nos proporciona datos de terceiros (tales como profesores, acompañantes, etc. ) garantiza que obtén o seu consentimento para dito tratamiento.
Os datos recopilados serán tratados única e exclusivamente coa finalidade de xestionar a visita, e se conservarán debidamente bloqueados durante o plazo de prescripción das responsabilidades derivadas do tratamento. Vostede ten dereito a solicitar ao responsable do tratamento, en calquer momento, o acceso, rectificación, cancelación ou supresión, oposición á limitación do seu tratamento ou á portabilidade de datos. Ditos dereitos poderá exercerlos mediante solicitude, remitida a Gadisa Retail SLU, a través dun escrito firmado ao efecto, indicando Ref: protección de datos –visitas escolares e adxuntando unha fotocopia do seu DNI ou por correo electrónico á dirección lopd@gadisa.es .
Asimesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante la Agencia Española de Protección de Datos (AEPD).
Descubre nuestras novedades
#GadisInforma .
Mantente informado de toda a actualidade de GADIS coas noticias, novidades, consellos de compra e moito máis
-
Sopas típicas de Galicia e Castela e León
Nada para quentar o corpo como as receitas tradicionais das terras do norte. Ancestrais sopas deseñadas para aguantar os fríos invernos. Anímasche a probalas todas? Sopas Castelán leonesas As localidades de Castela e León caracterízanse por ter temperaturas moi extremas. Frío intenso
-
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, 11 de febreiro
A brecha de xénero nos sectores da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas (STEM) persiste desde hai anos en todo o mundo. O 11 de febreiro é a data sinalada para pór o foco na pouca representación que
-
Día Escolar da Paz e a Non Violencia 2019
Se convives con nenos e nenas na túa contorna máis próxima, é moi probable que estes días atópelos entoando cancións pola paz, debuxando pombas, construíndo collages… e é que hoxe, 30 de xaneiro, celébrase o Día Escolar da Paz e