Gadis fomentou un estilo de vida saudable entre os máis de 7.000 alumnos de Galicia e Castilla e León participantes no programa “ALIMENTES”

Supermercados Gadis repartiu os premios do seu programa educativo “ALIMENTES”, no que participaron máis de 7.000 alumnos de Galicia e Castela e León, os cales recibiron información práctica e teórica sobre hábitos saudables.
A compañía fixo entrega de tres agasallos (unha bicicleta, unha tablet e unha cámara de fotos) en cada unha das oito localidades nas que se desenvolve esta actividade educativa: A Coruña, Vigo, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Valladolid e Ponferrada.
Estudantes de entre 3 e 12 anos de ambas comunidades autónomas participaron neste programa, que abarca visitas aos Supermercados Gadis supervisadas por un educador que, de forma práctica e amena, orienta aos alumnos para a elección de produtos saudables, destacando tamén outros detalles relativos á cesta da compra, como as informacións das etiquetas ou as datas de caducidade.
Durante estas visitas, a compañía concede unha especial importancia ás seccións de produto fresco, onde os alumnos reciben recomendacións para diferenciar os tipos de carne e peixe e son concienciados sobre a importancia de levar un estilo de vida activo e unha alimentación sa e equilibrada con produtos de tempada.
Desde o mes de febreiro a xuño, esta iniciativa complementouse nas aulas con material didáctico que a compañía puxo a disposición dos docentes adaptado ao currículo oficial do segundo ciclo de Educación Infantil e de Educación Primaria de Galicia e Castela e León.
O programa “Alimentes” enmárcase dentro do programa de Responsabilidade Social Corporativa de GADISA, que engloba máis de 2.000 accións anuais en diferentes ámbitos: medio ambiente, solidariedade, cultura, deportes e recursos humanos.

Deja un comentario