Ensalada de aguacate, tomate e queixo, perfecta para a cea

Cear unha ensalada é unha idea perfecta para ir á cama sen cargar demasiado o estómago. Apórtanos vitaminas, auga e nutrientes ideais para pasar a noite. Ademais, preparar unha rica ensalada non leva demasiado tempo, é barato e desintoxícanos o organismo de todo o movemento do día. Hoxe ímosche ensinar a preparar unha estupenda ensalada con aguacate, tomate e queixo, ideal para pechar o día.

Un consello que che damos é que aproveites as ensaladas para incorporar alimentos que non comes de maneira regular. Referímonos a froitos secos, a alimentos que aportan ferro, vitaminas e tamén calcio. Se non acostumas a beber leite a diario, é importante que engadas elementos que o conteñen ás ensaladas.

Con estas recomendacións como base da nosa ensalada, o primeiro que che pedimos é que vaias á sección de frío do teu Gadis máis próximo e compres unha bolsa de espinacas. Tamén podes compralas crúas na sección de verduras, se as prefires deste xeito, asegúrate de lavalas ben. O que vamos a facer é substituír a leituga por espinacas, que aportan ferro, máis calcio co leite de vaca e nutrientes esenciais.

ensalada aguacate

Contámosche como comer aguacate na túa ensalada

Faite tamén cunhas noces ou con améndoas crúas. Aínda que améndoas tostadas e salgadas ou con mel están boísimas, o que queremos é facer unha ensalada lixeira. Como coas espinacas, verte unhas poucas sobre as súas follas verdes.

Iso si, non te pases cos froitos secos. Bota cinco noces ou dez améndoas crúas como máximo, así conseguirás recibir os seus beneficios evitando o colesterol que nos meten no corpo se os comemos en exceso.

Para os aguacates, compra os que teñen a cáscara negra e están brandiños ó tacto se a ensalada a vas comer hoxe. No caso de que sexa para outra noite, compra os que estean un pouco máis verdes. Para que maduren na casa, non os metas na neveira, déixaos fóra e agarda. Cando sexa o momento, pélao e corta uns anacos. Con medio aguacate será suficiente.

Para rematar, recomendámosche que elixas queixo fresco de cabra. É o que é máis dixestivo pola noite, xa que é o que ten menos graxa. Lembra que se estás embarazada, debes preguntar en charcutería por queixo pasteurizado, non de leite crúa. Corta uns anacos é bótaos na ensalada.

En canto ó tomate, a nós gústanos moito o tomate kumato, pois a súa cor escura dálle moito carácter á ensalada. Para rematar, corta unhas tiras de cenoria crúa. Se tes fame, podes engadirlle un ovo duro.

Deja un comentario