DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN 2017

O 16 de outubro celébrase o Día Mundial da Alimentación en conmemoración da creación da FAO. Desde Gadis queremos aproveitar esta data tan sinalada para repasar pautas de sostenibilidad.

Que é a FAO?

A FAO é a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (siglas en inglés). Créase no ano 1945 e conta con 198 países membros, entre os que está España. Os seus 3 principais obxectivos son:

  1. A erradicación da fame, a inseguridade alimentaria e a malnutrición.
  2. A eliminación da pobreza e o impulso do progreso económico e social para todas as persoas.
  3. A ordenación e utilización sustentables dos recursos naturais, incluída a terra, a auga, o aire, o clima e os recursos enerxéticos.

Desperdicio alimentario

Hoxe en día producimos os alimentos suficientes para alimentar á poboación mundial. Con todo, preto de 800 millóns de persoas aínda padecen fame crónica.
Sabemos que aproximadamente 1/3 da produción mundial de alimentos, acaba no lixo. O desperdicio alimentario dáse en toda a cadea de subministración. Procesos de fabricación (39%), pasando polos restaurantes e servizos de catering (14%), empresas distribuidoras de alimentos (5%) e ata os consumidores (42%), sendo a maior porcentaxe de desperdicio o producido nos fogares.
En casa, desperdiciamos aproximadamente o 5% de cada compra. Debemos loitar contra esta realidade. Desde a dimensión ética e social, é unha terrible inxustiza. Desde a perspectiva económica e ambiental, tamén:

  • Sobreexplotan o chan innecesariamente e conducen a unha maior desertificación.
  • Contribúen á deforestación ao ocupar máis espazos de cultivos.
  • Consomen recursos naturais e enerxéticos innecesariamente (auga e enerxía).

 

5 consellos para reducir o desperdicio alimentario

 

  • Aumenta o número de compras á semana. Así sempre contarás con produtos frescos para consumir inmediatamente e non se botarán a perder.

 

  • Comproba as datas de consumo lendo as etiquetas. Lembra que o consumo preferente é distinto da data de caducidade.
  • Practica o FIFO (First in-First out) ao ordenar a túa despensa. O primeiro que entra, é o primeiro que sae.
  • Conserva adecuadamente os excedentes. Garda na neveira ou conxela os alimentos que sobrasen.
  • Reaproveita alimentos. Unha ensalada de tomate que nos sobra pode converterse nunha marabillosa base de sofrito. E que dicir das marabillosas croquetas con restos de asado!

Malnutrición

Uns 2.000 millóns persoas padecen o que se denomina como “fame encuberta” ou malnutrición. É dicir, teñen alimentos ao seu alcance, pero estes non cobren os nutrientes necesarios para levar unha vida saudable.
Ademais, estímase que uns 500 millóns de persoas son obesas no mundo. E é unha realidade en aumento tanto en países desenvolvidos como en vías de desenvolvemento. A obesidade é outra forma de malnutrición.
Segundo os datos da Enquisa Europea de Saúde en España, no 2014 a prevalencia de sobrepeso era do 36,7 % (44,3 % en homes e 29,9 % en mulleres), e a de obesidade, do 17,0 % (17,5 % en homes e 16,5 % en mulleres). É dicir, que case un 60% da poboación española ten sobrepeso e/ou obesidade.
Desde Gadis  participamos como patrocinadores no programa “Prevención da obesidade. Alixeira a túa vida”. Unha iniciativa liderada pola Sociedade Española para o Estudo da Obesidade (SEEDO) que busca visibilizar e sensibilizar sobre a obesidade como o serio problema de saúde pública que é e fomentar a súa prevención e tratamento.

5 consellos para loitar contra o sobrepeso e a obesidade

 

  • Controla o tamaño das racións. Mellor botar pouco e repetir se é necesario.
  • Reduce o consumo de sal, azucres e graxas. Aumenta os produtos frescos, froitas, verduras e cereais integrais.
  • Come amodo, nun ambiente tranquilo. Evita estar diante do televisor ou o móbil sen ser consciente do que inxires.
  • Controla a tensión e dorme o suficiente. O noso metabolismo necesita tranquilidade e descanso.
  • Móvete! Con 30 minutos de paseo ao día xa estarás a activar o teu organismo. Próbao durante unha semana e verás que ben che senta.

Celebra este 16 de outubro de 2017, o día da alimentación consciente 😉

Podes consultar máis información nas seguintes ligazóns:

Deja un comentario