Día Mundial Contra o Cancro de Mama

O 19 de outubro é un día para recordar o compromiso que todas as persoas da sociedade tenmos na loita contra o cancro de mama.  
O cancro de mama é o máis frecuente entre mulleres occidentais. Estímase que 1 de cada 8 mulleres padecerá esta enfermidade ao longo da súa vida. Sen embargo, os avances na investigación para o seu tratamento e diagnose precoz fan que a superación do cancro de mama sexa de máis dun 80%. Se é detectado nunha etapa inicial, é de case o 100%.

Alimentación e prevención do cancro.

O cancro de mama, ao igual que os outros, non se pode previr. Si pódense levar a cabo hábitos de vida saudables que reduzan a probabilidade de padecelo.
A alimentación xoga un papel fundamental tanto para favorecer a súa aparición como para evitalo. Manter un peso saudable a través dunha alimentación rica e variada e o exercicio físico, pode reducir a incidencia de padecer cancro entre un 30% e un 40%. Algunhas pautas básicas:

  • Nada de tabaco.
  • Se bebes alcohol, limita o seu consumo.
  • Aumenta o consumo de froita e verdura. As 5 racións ó día son o mínimo.
  • Limita o consumo de carnes vermellas e/ou procesadas.
  • Consume máis grans enteiros (integrais) en vez de grans refinados.
  • Mantente activo e realiza exercicio físico axeitado ao teu estado de saúde.
  • Durme ben e controla os niveis de estrés e ansiedade.

Alimentación e tratamento do cancro.

A alimentación tamén é un factor chave na recuperación desta enfermidade. As  persoas que se atopan a tratamento necesitan comer o suficiente. É común que o apetito tenda a diminuír, que se dean cambios na percepción de olores e sabores, se teñan problemas dixestivos… a cada persoa aféctalle dunha maneira diferente. É por iso polo que, o mellor, é consultar cada caso con profesionais da saúde.
Sen embargo, existen algunhas pautas comúns que poden axudar a alimentarnos correctamente durante o tratamento:

  • Proveerse de alimentos saudables. É importante ter unha boa variedade de alimentos saudables ao alcance, incluso aqueles que podes comer cando non te atopes moi ben.
  • Ter alimentos que sexan de fácil preparación. O ideal é que no frigorífico ou conxelador teñamos sempre algún tupper dunha comida saudable que podamos quentar ou desconxelar facilmente e comer sen moito trastorno.
  • Pedir que nos boten unha man. Sentirnos arroupados polos nosos seres queridos é o mellor complemento ao tratamento. Que nos axuden a facer a compra e nos preparen menús saudables, é unha axuda inestimable.
  • Goza o máximo posible. O estado de ánimo afecta moito á recuperación. Comer as nosas comidas preferidas ou decantarnos polo que máis nos apeteza é tan importante como comer saudable. Debe existir un equilibrio, pero o ideal é que sexamos flexibles 😊Coidarse durante e despois dun cancro de mama.

As mulleres son as coidadoras por excelencia. De media, dedican case 2,5 horas diarias máis que os homes ao traballo doméstico, encargándose do 70% do mesmo. Un 85% das persoas que traballan a tempo parcial para poder dedicarse ao coidado de dependentes, son mulleres.
O cancro de mama ten máis dun 99% de incidencia en mulleres. Padecer esta enfermidade significa pasar de ser coidadora, a ser coidada. Este proceso é unha aprendizaxe propia, pero tamén de tódolos membros da familia. A Asociación Española Contra o Cancro conta con especialistas e grupos de apoio que coñecen profundamente o proceso e saben como axudar a vivilo.
Agora, máis que nunca, é importante que te coides. Durmir e descansar as horas que o corpo che pida. Gozar da compañía dos teus seres queridos e/ou de momentos de soidade. Seguir en contacto con as túas amizades. Cóidate e quérete, e pide e deixa que así o fagan os demais.
Desde Gadis queremos desexar moita forza hoxe e todos os días do ano, a todas as mulleres que se atopan nesta loita. A as nosas nais, parellas, irmás, curmás, tías, primas, sobriñas, netas, amigas e coñecidas.
Podes consultar máis información nas seguintes ligazóns:

Deja un comentario