Día internacional da diversidade funcional

Hoxe é o día internacional das persoas con discapacidade. Un día para promover os dereitos e o benestar das persoas con diversidade funcional a nivel mundial.

Por que un Día das Persoas con Discapacidade?

O Día Internacional das Persoas con Discapacidade foi declarado en 1992 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas. O obxectivo é promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento. Tamén concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.
Desde a Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, aprobada en 2006, seguiuse avanzado cada vez máis nos dereitos e o benestar deste colectivo. Por exemplo, na Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable. Outros marcos de desenvolvemento internacionais son:
Marco de Sendái para a Redución do Risco de Desastres.
• Carta sobre a Inclusión das Persoas con Discapacidade na Acción Humanitaria.
Nova Axenda Urbana.
Axenda de Acción de Addis Abeba sobre a Financiación para o Desenvolvemento.

Algúns datos sobre discapacidade no mundo

• Máis de 1.000 millóns de persoas posúen algún tipo de diversidade funcional. Unha persoa de cada 7 no mundo.
• Máis de cen millóns de persoas con discapacidade son infantes.
• Os nenos e nenas con discapacidade teñen catro veces máis posibilidades de ser vítimas dalgún tipo de violencia.
• O 80% das persoas con discapacidade vive en países en desenvolvemento.
• O 50% das persoas con discapacidade non teñen acceso á sanidade.
• 160 países asinaron a Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.

Que significa ser unha persoa con diversidade funcional?

A discapacidade, é unha condición que afecta o nivel de vida dun individuo ou dun grupo. O termo úsase para definir unha diversidade funcional física ou mental, como a discapacidade sensorial, cognitiva ou intelectual, a enfermidade mental ou varios tipos de enfermidades crónicas.
As persoas con discapacidade, a “minoría máis ampla do mundo”, adoitan ter menos oportunidades económicas, peor acceso á educación e taxas de pobreza máis altas. Iso débese principalmente á falta de servizos que lles poidan facilitar a vida (como acceso á información ou ao transporte) e porque teñen menos recursos para defender os seus dereitos. A estes obstáculos cotiáns súmanse a discriminación social e a falta de lexislación adecuada para protexer aos discapacitados.
O descoñecemento é en gran parte responsable do estigma e a discriminación que padecen as persoas discapacitadas.

Empoderamento das persoas con discapacidade

Este ano o lema deste día céntrase no empoderamento das persoas con discapacidades para asegurar un desenvolvemento sustentable, inclusivo e igualitario.
Unha vez eliminados os obstáculos á integración das persoas con diversidade funcional, estas poden participar activa e  produtivamente á vida social e económica das súas comunidades.
A accesibilidade e a inclusión das persoas con discapacidade son dereitos fundamentais recoñecidos pola Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidades. Condicións sen as cales non poden gozar das súas outros dereitos. Dereitos básicos como levar unha vida independente e participar de forma activa no desenvolvemento da sociedade.
A Axenda 2030 comprométese a “non deixar a ninguén atrás”. É necesario que os gobernos, as persoas con discapacidades e as organizacións que as representan, as institucións académicas e o sector privado traballen en equipo para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS).
Desde Gadis colaboramos cunha gran variedade de entidades que traballan pola inclusión e  empoderamento de persoas con discapacidade. Destacamos a colaboración coa Fundación Paideia Galiza. Con ela traballamos desde 1997 no proxecto  Antear para a inserción laboral de persoas con diversidade funcional incorporando a parte dos beneficiarios na nosa compañía. Tamén apoiamos ao Equipo Paralímpico Español co que desde o 2007 colaboramos economicamente para que estes deportistas completen a súa preparación para os Xogos Olímpicos. Por último, queremos mencionar a Pai Menni  desde hai 7 anos elaborou máis de 40.000 cestas “Bebé Gadis”
.

Deja un comentario