Día internacional da amizade

Sóavos raro que desde a ONU háxase un día dedicado á amizade? Pois é así! A razón é porque os valores que se cultivan poden axudar a crear un mundo máis xusto e en paz. Redes de apoio e compañeirismo serven para facer un mundo mellor. Ademais, a amizade pode mellorar a nosa saúde e alongar a nosa vida Non cho crees? Segue lendo… ?

A amizade como motor do mundo ideal.

O Día Internacional da Amizade fundaméntase no recoñecemento da amizade como un sentimento nobre e valioso na vida dos seres humanos de todo o mundo. A través duns lazos amigables fortes podemos promover e apoiar:

  • Unha cultura de paz mediante a educación.
  • O desenvolvemento económico e social sustentable.
  • O respecto de todos os dereitos humanos.
  • A igualdade entre as mulleres e homes.
  • A participación democrática.
  • A comprensión, a tolerancia e a solidariedade.
  • A comunicación participativa e a libre circulación de información e coñecementos.
  • A paz e a seguridade internacionais.

Amizade e saúde.

Somos animais sociais, forma parte da nosa natureza. Os nosos curmáns máis próximos, os simios, pasan gran parte do día tocándose,  quitándose os parasitos e pasando o intre xuntos.
Saír de festa, practicar deporte, tomar café, ir de paseo ou simplemente pasar o intre cos teus    amigos, familiares e/ou mascotas mellora a nosa saúde e calidade de vida.
As relacións sociais positivas (persoas ás que estimamos e coas que nos apetece estar) teñen infinidade de beneficios para a saúde. E non só a nivel emocional, senón tamén físico. Algúns estudos afirman que melloran nun 50% as probabilidades de supervivencia.

Beneficios físicos da amizade.

As relacións sociais pracenteiras producen no noso organismo, entre outros:

  • Redución da tensión: estar en boa compañía, rirse e gozar, segrega endorfinas e serotonina, hormonas que nos axudarán a sentirnos felices e relaxadas.
  • Reduce a incidencia de enfermidades neurodexenerativas: participar activamente en conversacións é tan beneficioso para o noso cerebro como outras formas de adestramento mental.
  • Escorrenta a depresión: precisamente porque estamos rodeadas e sentímonos queridas e parte dunha comunidade, con máis arroupo e seguridade.
  • Potencia o sistema inmune: a maior interacción social, menores posibilidades de contraer arrefriados ou virus que aquelas persoas illadas socialmente.

Sabemos que a mente e o corpo son un. Cada vez máis, profúndase na relación directa que existe entre saúde mental e saúde física. Moitas investigacións conducen a que as persoas cunha vida social satisfactoria, variada e activa, cobren as súas necesidades de afiliación derivando en vidas máis longas e saudables.

A amizade e o contacto físico.

A maior contacto físico desexado, maior impacto positivo nos nosos niveis de felicidade e benestar. O contacto axúdanos a expresar mellor nosas emocións, nada como un sincero abrazo para demostrar gratitude ou apego. Tamén ten efectos sedantes, axudando a relaxarnos e sentirnos mellor. A razón? a liberación de hormonas como a dopamina e a  oxitocina, entre outras.
Os nenos e nenas e as persoas maiores son especialmente vulnerables ante a falta de afecto. A soidade e o illamento provocan enfermidades tanto físicas como mentais. En bebés está demostrado que a falta de afecto pode conducir a unha talla e peso por baixo do normal a pesar de recibir o alimento adecuado. Esta observación comezou a principios do século XX da man de René Spitz. Este psicanalista estudou os casos da alta mortalidade infantil en orfanatos da época ligándoos á falta de afecto. Denominou a este fenómeno “hospitalismo”.

A amizade e as mascotas.

E se falamos de benestar emocional e afectivo, non podemos esquecernos das nosas mellores e máis fieis amigas nosas mascotas!
Ter can, gato ou calquera outro animal de compañía aumenta a nosa calidade de vida tanto física como mentalmente. Por exemplo, as persoas que teñen can e sácano a pasear diariamente, tenden a mostrar un bo perfil cardíaco. A razón é que os cans nos fan menos sedentarios.  
Ademais, as nosas mascotas compren coas necesidades de afecto e agarimo. Evitan a sensación de soidade e danlle un propósito á vida. Tamén melloran o noso sistema inmune. Non só porque nos fagan máis felices, senón que se demostrou que os nenos que crecen con mascotas en casa arrefríanse menos, teñen menos alerxias e problemas respiratorios. Podes ver os 7 beneficios de ter gato que nos mostra a Fundación Affinity.
Así que… a que esperas para saír a celebrar o día da amizade?! Tira de axenda e organiza unha quedada coas persoas importantes da túa vida. Obxectivo: rir, abrazarse e gozar!

Bibliografía

Deja un comentario